A imposición e a perversión da linguaxe

Falabamos no acalorado debate coa xornalista pertencente a COGAMI de fai unhas semanas sobre a importancia da linguaxe, de cómo varia a visión das cousas segundo escollamos un termo ou outro. Falabamos (berrabamos) das connotacións, de que as palabras non son inocentes.

Pois hai a quen lle deu por levar unha opinión semellante ao extremo: os nosos amigos de Telemadrid, sorprendéndonos unha vez máis con certos contidos da súa cadea.

“A propaganda estalinista creouno, os nazis perfeccionárono, e hoxe apodérase e articúlanos sen que moitos sexan conscientes. Obsesionado por impor a súa linguaxe vive o nacionalismo.”

Con esta afirmación, e encadeando imaxes nas que aparecen Stalin, Hitler, membros de ETA e ata o político catalán Artur Mas, comezaba unha reportaxe que Telemadrid emitiu o pasado luns. Baixo o título de La imposición y la perversión del lenguaje, a reportaxe comparaba o totalitarismo nazi e estalinista cos nacionalismo vasco e catalán por ter, ao parecer, imposto a súa lingua na sociedade. A reportaxe, que intenta visualizar dita manipulación coa lingua, denuncia que se empreguen conceptos coma “normalización lingüística” cando, ao xuízo da xornalista, en realidade se trata de “imposición do catalán”.

Persoalmente, non sei se rir ou chorar. A ignorancia dende a que falan da vergonza allea, sen ter en conta que esas linguas son as naturais das súas zonas, e que a que foi imposta con dureza dende sempre foi precisamente aquela dende a que os membros dese programa se fartan de dicir burradas. Digno dun sketch de Polónia, que, definindose coma un programa de humor, conta máis verdades que moitos programas “informativos”.

 

Estévez Álvarez    S1A        T3A

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: