A Voz de Rosalía
Sermos Galiza, no seu semanario nº 44, é dicir, o do pasado venres, incluiu unha peza na que se recollen os novos achados do exdeputado nacionalista Francisco Rodríguez, autor da primeira tese de doutoramento sobre Rosalía de Castro lida nunha universidade galega.
Trátase duns versos de Rosalía de Castro publicados en xuño de 1866 no diario madrileño La Soberanía Nacional. Están adicados a Salustiano de Olózaga, político defensor da abolición da escravitude, do progreso e da instauración da democracia parlamentaria en España.
Con todo, La Voz de Galicia, fai o seguinte. Unha vez revelado o lugar onde se atopaba o poema, os seus redactores buscan no arquivo dixital, tiran de copia e pega e amosan aos seus lectores a totalidade dos versos. Citan, de pasada, o nome do seu descubridor e omiten que a peza foi publicada en Sermos Galiza.
É evidente que os dereitos de autor expiraron e que a reprodución do documento debe ser libre e gratuita. Pero aqueles que adicaron horas da súa vida para achar o poema merecen, como mínimo, o recoñecemento e a autoría do descubrimento. Máis, se cabe, cando se trata do primeiro en afondar na figura de Rosalía de Castro, figura olvidada e silenciada durante décadas.
Eu non farei coma o señor Fernández-Latorre e reproducirei tan só as dúas primeiras estrofas e recoñecerei que non teríamos constancia dela de non ser polo traballo do profesor Rodríguez.
«Al Señor D. Salustiano de Olózaga.
Señor, no me conoceis /Mas porque yo os conocí/Aunque quien soy no sabeis/ Sabed que sois para mí/Recuerdo de sagradas armonías/Dulce esperanza de mejores días.
Jamás la grata memoria/De vuestra voz llena y fuerte/Que llama en torno la gloria/Que los peligros advierte/Y derriba potente al enemigo/Dejará nunca de existir conmigo.
García Casco, Javier T4C S1E
Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged García Casco. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0