Campos de traballo, unha alternativa para un verán en comunidade.

Neste post decidín falarvos dos campos de traballo. Non, non ten nada que ver coa Alemaña da Segunda Guerra Mundial, seguimos na Galicia do  2013 (se tivera inventado a máquina do tempo, crédeme, agora mesmo estaría facendo cousas máis interesantes que escribir este post). Ao que ía, se non tendes pensado ningún plan para este verán, non hai cartos para marchar ou os vosos amigos vos deixaron tirados a vós e ás vosas ideas estivais, aínda queda esperanza para que no verán do 2013 vivades unha experiencia inesquecible.

Ollo, aos campos de traballo,como ben indica o seu nome, non se vai a lacazanear (tamén é certo que iso ben podedes facelo nas vosas casas), vaise a aprender e, sobre todo, a coñecer e a convivir con xente de todas partes de Europa. Unha actitude de mente aberta e ganas de pasalo ben resultará imprescindible para que espremades a experiencia.

A vosa escolla dependerá do tipo de traballo que queirades realizar, así como de se queredes quedar en Galicia, viaxar a outra comunidade autónoma ou realizalo noutro país europeo (e de se cumprides os requisitos que se pidan). É tal a variedade que se oferta, que malo será que non atopedes algo do voso gusto e que se adapte ao voso peto e as actividades van dende arqueoloxía ata animacións socioculturais, pasando polo campo do audiovisual e tamén a ecoloxía. A mellor opción, na miña humilde opinión, son aqueles campos que se organizan a nivel internacional, ben sendo vós quen marchades, ou ben sendo xente doutros países os que se achegan a estas terras. O intercambio que se produce nestas ocasións resulta moito máis enriquecedor, ao entrar en contacto con outras culturas.

Anímovos a que,  non marchades este ano, o fagades ao seguinte, e se tampouco, pois ao seguinte (ata os 35 anos, moitos de nós aínda temos tempo), pero asegúrovos que viviredes unha experiencia inesquecible e moi útil para abrir a mente, algo que como xornalistas nunca está de máis facer.

Estévez Álvarez                        T3A    S1A

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: