Paro everywhere

Ultimamente escóitase falar nos medios de comunicación sobre o elevado número de persoas con discapacidade que se atopan desempregadas agora mesmo. Entre 2011 e 2012 as persoas con discapacidade contratadas por empresas ordinarias reduciuse nun 8’7%, aínda que o certo é que nestes momentos de dura crise económica todos os sectores se ven afectados.

Aínda así trato este tema porque está relacionado co voluntariado do meu ProT na asociación Itínera.

Adoitamos falar de responsabilidade social e da inserción das persoas con discapacidade no mercado laboral ordinario, dun compromiso de todos os implicados – sexa a sociedade ou as propias empresas-, pero os datos evidencian que é “máis labia ca outra cousa”.

Por unha banda este feito recórdame a un post de Lucía Velasco no que falaba das dúas xornalistas cegas a nivel mundial que presentan un telexornal e formulaba unha pregunta: esas cadenas de televisión tíñanas alí traballando pola súa profesionalidade e capacidades ou por dar unha mellor imaxe? Se nos fixamos nestes datos a pregunta respóndese soa: a sociedade, as empresas intentan reflectir un compromiso social, para que logo os índices falen por sí sós, “todo fachada”.

Sexan os prexuizos ou o medo ao descoñecido, as persoas con discapacidade aínda non están involucradas realmente no mercado laboral ordinario.

Isto fainos crer na labor realizada polos Centros Especiais de Emprego, oficinas ás que recorren estas persoas e cumpren con éxito a súa iniciativa. Outro tema poderían ser as diferenzas salariais entre unha empresa ordinaria e estos centros… Que me dicides?

 

Alba Mancebo Soto T5B S2E

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Se a día de hoxe lle costa atopar emprego a unha persoa sen ningún tipo de discapacidade non me quero nin imaxinar o que lle pode costar a unha persoa discapacitada. Estou dacordo contigo en que todo é fachada. Dar a imaxe de implicación social, de “todos somos iguais”, “todos temos as mesmas oportunidades” é algo que beneficia á empresa e que por isto a empregan (non quero xeneralizar, seguro que hai algunha que non o fai por isto)
    Por outra banda, o labor dos Centros Especiais de Emprego, na miña opinión é boa e eficiente. Achegan ás persoas discapacitadas ao mercado laboral. Non coñezo as diferenzas salarias entre as empresas ordinarias e estes centros pero supoño que será elevada…e ahí é onde se perde a igualdade, pero bueno, é mellor isto que nada non?

    • Por suposto, Vir. Claro que é mellor que nada, e gracias existiren. O caso é a desigualdade que está presente entre uns empregos e outros.
      Como xa dixen, entendo que haxa crise en todos os grupos de persoas, mais tratar o tema de aqueles que sempre tiveron máis dificultades é interesante e verdadeiramente preocupante.
      Gracias por comentar!!

  2. Alba, lembra asinar o post cos teus apelidos e localizador. Gracias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: