Prisciliano. O galego gnóstico-cristiano

Prisciliano descubriu o cristianismo primitivo con tinguiduras xudaicas, maniqueas e orientais, e fundou unha comuna ascética onde se meditaba, deixábase participar ás mulleres e non se prohibía o matrimonio entre cregos, condenaba a escravitude e rendía culto á natureza. Á súa volta a Galicia, as súas doutrinas estendéronse até Portugal e inquietaban á Igrexa. Condenado e supostamente enterrado en Compostela, saberemos quen se oculta na tumba compostelá? Nun ano normal Santiago recibe case dous millóns de peregrinos. En Ano Santo poden chegar até cinco millóns de peregrinos. Quen se atrevería a remexer os alicerces que sosteñen esa armazón social, económica e tamén espiritual?

Segundo Enrique Alarcón, -profesor de Filosofía na Universidade de Navarra que descubriu unha inscrición do século I co nome Jacob no sepulcro do Apóstolo en Santiago de Compostela- pódese confirmar que o apóstolo Santiago cumpriu o mandato de Xesús cando lles encargara saír de Xerusalén e ser as súas testemuñas até o fin da terra (Finis Terrae). Existen, xunto a esta, outras probas do paso do apóstolo por Santiago e o seu posterior enterramento?

Creo que o mandato de Xesús debeu ser máis simbólico que literal, ou senón debíalle ter especificado se tiña que predicar ata este Finis Terrae ou até o Finis Terrae francés. E se a maiores do corpo, trouxeron no século I a pedra… non me estraña que tardaran 400 anos en chegar. A tumba e o camiño de Santiago foi un fenómeno idóneo para reforzar a idea dunha Europa cristián fronte á expansión ideolóxica e militar doutra relixión. Que realmente estea alí o corpo de Santiago o maior é unha cuestión de fe, e a fe non se somete ao carbono 14 nin ás probas de ADN, porque daquela pasa a ser ciencia, e non é opcional crer.  

(X.M. Pereiro)

Dubra Todò, Antón Manoel  T3A S1F

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Fascinante a figura de Prisciliano, ben máis achegada que as elites romanas á forma de entender o cristianismo no noso país; e moi acertadas as consideracións de Pereiro. Ben é certo que, sexa como for, o citado enterramento significou para Galiza un lugar destacado no mundo medieval europeo. O camiño de Santiago fixo ben máis por construír Europa -e polo tanto é máis Europa- que calquera institución das que hoxe coñecemos. Por se fose pouco, deulle a Galiza, como ben dicía Avilés de Taramancos, voz propia no coro das voces do mundo; especialmente da man daquel bispo do século XII, de nome Diego Xelmírez, que tanto fixo pola grandeza de Compostela e do país.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: