Un percorrido en tranvía pola Coruña de 1926

Neste post tráiovos un exemplo do cine de correspondencia ou emigración. Un xénero que xa presentamos o meu grupo de TS e que servía como conexión entre os galegos emigrados e os que quedaran na terra.

Persoalmente trátase dun tema que me interesou moito, pareceume extraordinario cómo ao ver que as palabras non chegaban, a emigración comezou a tirar proveito dos recursos que o desenvolvemento do cinema poñía a súa disposición.

Buscando máis información acerca deste peculiar xénero, hai pouco atopei por esa gran videoteca mundial que é Youtube un vídeo que me imaxino que aos coruñeses lles fará especial ilusión ver. Penso que máis que aos meus compañeiros, quizais aos seus avós.

A continuación reproduzo un fragmento que aparece no vídeo, o cal podedes ollar aquí.

 Galicia: tierra de sabios, de héroes y de santos, ignorada de muchos, pero muy amada por los suyos; tierra glorificada actualmente por un ejército de inteligencias poderosas y bien cultivadas; tierra de belleza incomparable en paisajes… Galicia! Alejados de Galicia enferman de “morriña” todos los gallegos. Galicia!… Galicia!… Bendita tu eres…

Estévez Álvarez     S1A     T3A

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Tremendamente interesante á par que pouco coñecido o tema do cine de correspondencia. Por outra banda, é unha gozada poder ver esas imaxes que linkas en youtube de cando pola Coruña transcorrían tranvías de verdade e non está medio-ruina turística da que “desfrutamos” durante a última década. Ademais da propia fonte documental, un vídeo coma ese tamén nos pode achegar a realizar consideracións sobre a máis que probábel utilidade, aínda hoxe, dun sistema de transporte limpo e económico coma ese. Sexa como for, o que si teño claro é que meu avó, se puidese, gozaría un mundo vendo esa reportaxe dun pasado á vez tan próximo e tan lonxano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: