XORNALISTOS COMUNICATIVOS

Durante o cuatrimestre, temos que realizar traballos entre varios grupos. Recordo cando éramos máis pequenos, e moitos rezábamos para que os traballos os poidéramos facer cos nosos amigos. Dende que entrei en xornalismo, empecei a escoitar e a dicir: «odio traballar en grupo». Vexamos por qué. O problema non son os compañeiros, nin moito menos. O principal obstáculo somos nós mesmos, os nosos horarios e os nosos intereses. Realmente acollemos o traballo con entusiamo, pero empezamos a velo con outros ollos cando non cumplíamos o plazo ou cando decidíamos a quen lle tocaba subir os famosos post grupales ó blog.

Pero chegar tarde ás reunións, enfadarnos entre nós, cabrearse con uns por non facer nada ou chamarlle mandóns ós que máis fan, en verdade son elementos básicos dun grupo que se leva ben, e que finalmente, e despois de dicir que somos un desastre planificando, facemos un bo traballo. Pode que este post non estea centrado nin no meu traballo ProT nin no TS, pero penso que fala da comunicación entre os membros, do que se supón que trata o blog e a asignatura.

Interesarse polo que fan os teus compañeiros e aprender algo tanto dos temas que nos gustan como os que máis nos aburren, foron algunhas das premisas coas que contábamos cando empezamos a traballar para esta materia. Comunicación e comunidade eran as palabras que máis escribíamos nos post sen saber nin sequera de que estábamos a falar (nalgúns casos, non en todos, por supuesto), pero finalmente, a comunidade formámola nós, os de clase, e penso que as preguntas e as charlas que se produciron foron un síntoma dunha boa comunicación entre nós. Fin do comentario.

Fernández Trasmonte, Lidia    S2D   T3A

Posted on 2 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Traballar en grupo pode ser sen dúbida moi enriquecedor, pero iso só sucede cando tes a sorte de dar cun bo grupo, como foi o meu grupo de TS, no que as persoas teñen un certo grao de madurez e ninguén ten afán de protagonismo. O traballo en grupo funciona cando se entende como tal, como un traballo aberto ás propostas de cada un dos membros, tendo en conta as circunstancias de cada quen e procurando un equilibrio en función do que cada un poida aportar. A xente tende a queixarse moito dos que aparentemente non fan nada, pero aqueles que acaparan o traballo, asumindo máis do que debería, non son criticados senón eloxiados, o cal me fai moita gracia. Cada un ten que facer o que lle corresponda, non máis do que lle corresponda, porque iso significa dúas cousas: ou que a persoa que asume esa responsabilidade é masoquista ou que é adicta o traballo.
    Non se trata de vivir a costa dos demais nin de nin sequera dar pe a que os demais fagan. Ademais, non se pode nunca dividir o traballo de forma matemática, haberá que escoitar ó grupo, a cada persoa, e decidir en función do que mais conveña ó conxunto, escoitando tódalas voces, porque de todos se pode aprender, e ás veces os que menos presumen son os máis intelixentes ou os que poden aportar un punto de vista mais interesante. Cada un debe aportar na medida en que poida, e se uns poden mais que outros por cuestións de flexibilidade de horarios ou polas habilidades de cada membro, pois será que son mais afortunados. E con isto non xustifico nin a pereza, nin a falta de interese nin nada semellante, estou tratando de dicir que ás veces, se a xente non participa como se espera, habería que plantexarse se está habendo comunicación no grupo ou incomunicación e se realmente se está a contar con esa persoa ou se simplemente se está a agardar que cumpra co seu deber sen nin sequera darlle a oportunidade de colaborar.
    Hai moitas actitudes e métodos de bloqueo ó traballo alleo, á aportación allea, xa que sempre hai algún membro do grupo que parece estorbar ou estar de mais, que a maioría non precisa, e isto seguro que lle soa a mais dun.
    Eu sempre me sitúo cos máis desfavorecidos. Para maiorías xa chega con aguantar o que aguantamos grazas ós votantes do PP.

    Brea Ledo, Paloma

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: