Neste video Alejandro Vargas resume en breves palabras como foi o seu comezo no proxecto de ACentralFolque.
Ao longo do noso traballo coa Central puidemos entrevistar aos principais artífices da publicación que acadou fai uns días o Premio Especial do Certame Cubadisco 2013. Ramón Pinheiro, Olga Noguiera e o mesmo Alejandro Vargas dan voz á peza audiovisual coa que rematamos a nosa andaina coa Central e que lles servirá nos próximos días como peza promocional da xira do espectáculo.
Dende as súas diferentes perspectivas, e en función da labor que levaron a cabo no proxecto, abriron as portas para que puideramos saber como foi todo o proceso que se atopa detrás do que hoxe vemos enriba do escenario.
Por unha banda, a escolma e o estudo das anotacións inéditas das que nin tan sequera a familia tiña constancia e, nunha segunda parte, o traballo de cómo facer soar esa música, conforman no seu conxunto o traballo final conformado polos dous libros e o CD, e sobre isto versan as reflexións achegadas que nestes momentos están en proceso de edición e coidamos que poidan ver a luz a vindeira semana.
T4B
Deixar un comentario
Comments 0