Achegando o conflito palestino

Para a asignatura de Xéneros estamos lendo Fin de século en Palestina, escrito polo xornalista Miguel Anxo Murado, no que se narran as vivencias do autor durante os cinco anos que estivo convivindo co conflito palestino-israelí nos Territorios Ocupados. Ler este libro fíxome pensar no Festival Amal, que se desenvolve en Santiago de Compostela no mes de outubro, e que trata de achegar o mundo árabe a esta cidade. Ademais de outras moitas actividades, como danza, talleres culinarios, etc; a estrela do festival é o ciclo de cine.

Durante as semanas nas que transcorre o festival, no Teatro Principal estréanse curtametraxes, documentais e películas que pretenden darnos a coñecer máis de preto a cultura, as costumes e os conflitos existentes no mundo árabe. Lembro especialmente un documental chamado Esta es mi tierra, Hebrón. Hebrón é unha cidade considerada sagrada tanto polos xudeos, como polos cristianos e os musulmáns. É territorio palestino, mais hai xa anos que os israelís ocupan a cidade, intentando expulsalos de alí. No documental, as cámaras móstrannos a loita encarnizada que diariamente se produce entre palestinos e israelís de todas as idades no medio das rúas, con pedras, disparos, atropelos e, de vez en cando, ataques bomba. Ao igual que no libro que citaba ao principio desta entrada, o enfoque dende o que se trata todo isto é moi próximo, facendo que o espectador se sinta involucrado de certo xeito; intentando comunicar o contido dunha maneira tan achegada que o público non pode máis que sentirse parte da historia. O obxectivo do comunicador é transmitir concienciación, mostrar unha realidade que moitas veces os medios non nos deixan ver con plena claridade, e para min, o obxectivo queda conseguido. Non sei se este enlace funciona demasiado ben, aínda así aquí volo deixo por se lle queredes botar un ollo: http://www.eitb.com/es/videos/detalle/548210/mundohoy-esta-es-mi-tierra-hebron/

Quiroga Trasorras, Rosalía T6A S3A

Posted on 3 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: