Adeus Fontiñas

Este ano fai 30 anos que José María Castelo Álvarez e Dolores Loureiro Buján viven en Fontiñas, tantos como anos ten a súa filla Laura, aínda que xa fixo 40 que emigraron á cidade. Aquí formaron a súa familia, sen perder contacto cas súas raíces rurais, ‘iso sempre’.
José María e Dolores veñen dunha aldea do concello de Touro, a onde volven cada fin de semana e durante as vacacións, e as súas mentes non deixan de dar voltas
á idea de desandar o andado e volver ás orixes. A ela os estudos e a el o traballo foron os que os obrigaron a trasladarse á capital galega, pero nunca lles faltaron as
castañas que cocer no forno nin as verduras e legumes co sabor da súa aldea.
‘A tranquilidade, os amigos, A BOA VIDA’ é o que din botar máis de menos, sen esquecerse dun gran paréntese: o traballo do campo é algo excluínte nesta volta ao rural e ‘os seus pais sábeno ben’. Coma con todo, hai que saber ver os pros e os contras. Por iso tamén falan da dispoñibilidade de todos os servizos na cidade e da cercanía dos colexios e dos lugares de traballo.
O mesmo di Laura, a filla deste matrimonio de Touro. Ela destaca a tranquilidade da aldea e, aínda que non se sinte tan identificada coma os seus pais –algo totalmente
normal tendo en conta que foi criada a medio camiño entre os dous ámbitos- continúa visitando a aldea co mesmo entusiasmo que cando era unha nena.
Tamén é certo que a familia e os amigos que conservan tanto os pais coma a moza son un factor fundamental para non deixar de acudir a Touro. Pero o importante da nosa investigación é… A Laura foille transmitida esa cultura? Herdouna realmente? Neste caso
quedounos claro que o cariño pola vila o leva dentro, que conseguiu crear uns lazos sociais así como emotivos e que os pais foron tremendamente importantes nesta labor.
A herdanza cultural do rural deuse con éxito na familia
Castelo Loureiro.

S2E

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: