Barriga Verde para levar (NOTA DE PRENSA)

Preséntase a edición en Libro-DVD do documental Morreu o demo, acabouse a peseta

Barriga Verde para levar

O proxecto xorde da colaboración entre AC Morreu o Demo, Tintimán Audiovisual e Urco Editora

Compostela. 4 de maio

A Feira do Libro de Santiago acolle ás sete da tarde deste sábado 4 de maio a presentación do Libro-DVD Morreu o Demo, acabouse a peseta. Un documental e máis de sesenta páxinas de contidos conforman este lanzamento, que quere difundir a figura de Barriga Verde, títere por excelencia no noso país durante o século XX. O filme, que se puido ver xa en diferentes festivais europeos, chega agora para a súa distribución en formato doméstico nunha edición de luxo que achega múltiples contidos extra.

Pedro Solla, director do documental, Comba Campoy e Anxo García da Asociación Cultural Morreu o Demo e mais Tomás González, de Urco Editora, presentarán a iniciativa, que permitirá coñecer polo miúdo a figura de Barriga Verde, a súa importancia para a cultura galega entre os anos 10 e 60 do século pasado e mais o seu parentesco con outras figuras do títere popular europeo.

 O filme Morreu o Demo, acabouse a peseta, dirixido por Pedro Solla e con produción executiva de Comba Campoy,  amosa por unha banda o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde da man da compañía Viravolta Títeres, ao tempo que indaga nos parentes europeos de Barriga Verde: Punch, Pollichinella, Guignol ou Kaspar, amosando a vitalidade dun legado a nivel continental que tamén ten a súa representación no noso país.

O DVD vai acompañado dun libro de 62 páxinas que permite coñecer máis polo miúdo o proceso de xestación do documental, a importancia da tradición europea de títeres, a familia europea destes bonecos ou unha primeira achega á biografía de José Silvent, principal responsable de que Barriga Verde se convertise nun fito da nosa cultura popular. Textos de Toni Rumbau, Xaime Iglesias, Comba Campoy ou Germám Ermida actúan a xeito de extras do documental e permiten unha ollada máis fonda a este fenómeno da nosa escena.

A edición foi froito da colaboración entre Urco Editora, Tintimán Audiovisual e a Asociación Cultural Morreu o Demo, que inicia con esta iniciativa o seu traballo a prol da difusión e recuperación do títere tradicional galego. A Asociación que unifica diferentes inicitivas de investigación e divulgación encol deste tema, presentará proximamente as súas propostas de actividades para os vindeiros meses.

José Silvent, coñecido como Barriga Verde, foi o principal responsábel da popularización deste personaxe, coñecido e imprescindible en feiras e festas de todo o país. Malia a se ter retirado da escena nos anos 60, moitos dos ditos das súas obras, como a frase “morreu o demo, acabouse a peseta” quedaron gravados na memoria popular de varias xeracións. No seu día obtivo unha inmensa popularidade e foi reivindicado por múltiples voces como a principal expresión teatral galega durante os anos da posguerra até os anos sesenta do pasado século.

Información proporcionada por Comba Campoy.

T2B

Advertisements

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: