Ben está o que ben acaba

No que será o meu derradeiro post individual neste blog, non se me ocorre mellor xeito de saír pechando a porta que escribindo unha pequena reflexión, conclusión final, valoración… chámalle X, máis para min mesma que para vós, sobre todo o acontecido estes 3 últimos meses cos dous grupos de traballo dos que formei parte.

Que gañei eu co traballo de ProT? Afondei un pouco máis sobre o funcionamento das radios comunitarias e coñecín a amabilidade dalgúns dos membros de Cuac FM, á vez que descubrín como levan a cabo esa gran labor que realizan. O ProT tamén me serviu para negociar e discutir sobre as actividades cos outros membros do grupo, e mesmo desesperarnos ás veces, para finalmente aparcar as diferenzas e acadar un acordo común e consensuado, pensando máis no grupo que en nós mesmos. Traballar co meu grupo de ProT, ao fin e ao cabo, e por moito que me queixara no camiño, non estivo tan mal.

Como resultou o traballo do TS? Para comezar, puiden traballar con xente coa que ata entón non tivera oportunidade, puiden experimentar as dificultades da deixadez ou falta de seriedade dalgunhas persoas que, pese as insistencias, ao parecer non atopan tempo para respostar unhas breves preguntas por email; tamén puiden descubrir e afondar nun tema que me resultou realmente interesante e ao que adiquei bastantes entradas neste blog: o cinema de correspondencia. O tema da emigración en sí sempre me atraeu bastante, quizais por unha idea do futuro que me agarda, e tamén para coñecernos máis a nós mesmos, xa que a emigración é unha parte fundamental da idiosincrasia galega.

Houbo moitas apuradas e a maioría das actividades non saíron como nun principio foran planeadas, pero quizais ver que os froitos finais, eses que tardaron en madurar e en ocasións mesmo semellaba que podían podrecer, ao final resultaron saber doces, fixeron que a experiencia me deixase un bo sabor de boca.

Estévez Álvarez Uxía                      S1A           T3A

Posted on 3 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Paula Quintás López

    Tal e como lle comentei ao meu compañeiro Mario en relación ao traballo ProT que levamos a cabo, Heider fala das persoas e di que son activas, non meros “recipientes” das experiencias.E éche ben certo.
    Conseguir chegar a acordos cos grupos cos que traballamos, tanto se xa o fixeramos previamente como se non, é unha tarefa que moitas veces custa discursións e loita de intereses. Pero precisamente porque ao final logramos acadar unha estratexia común ao gusto de todos, o resultado é máis satisfactorio. Cada un de nós ten unha maneira de proceder distinta, cuns itinerarios fortemente marcados pola súa personalidade, e o feito de sermos capaces de adaptarnos ao que os demais requiren de nós é algo a ter en conta. Tal e como ocorre coa sociedade nun marco máis amplo, os grupos desenrólanse dependendo da xente que os forma.
    En canto aos teus traballos, seguín con maior intensidade o referente a CUAC FM, pois co grupo ProT traballamos con Igaxes, unha das asociacións que tratastes nas vosas entrevistas. O certo é que é un medio comunitario bastante recoñecido que leva a cabo a súa función de maneira satisfactoria a pesares de que os recursos non son os mellores. Ogallá dure moitos anos máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: