CIDADE-RURAL: A PERSONIFICACIÓN DA REALIDADE
Posted by titorizado3a
Semella que estamos mudando, que estamos redirixindo o noso camiño todos os días. Quizais os pasos que demos non nos leven a ningures, ou tal vez nos conduzan á un lugar. Dá o mesmo que divisemos o horizonte detrás do tronco dun pino, e tamén dá igual que o fagamos a través dos ocos das cortinas da ventá dun oitavo piso. Chega un momento no que o tío Marcial e os seu séquito de paletos eleva anclas. E faino ata alcanzar o que nun principio tanto desexaba. Poida que o transporte non sexa o adecuado e que, moitas veces, nin sequera o haxa, pero sempre lograrán chegar. Porque os cambios futuros son incertos, tanto na súa planificación espacial coma na temporal. Por este motivo, aventurarse a dicir que dependemos exclusivamente dun goberno, dunha autonomía, non é excusa fiable.
A comunicación tanto pública coma privada ten os seus límites, e cada un sabe o que ten que facer e o que se vai facer. Agardar por unha resposta política na maioría das veces pode ser eterno, a resposta non chegará ata dentro dun determinado tempo, cando os problemas se agraven (véxase o tema dos incendios) ou se vexan xa moi lonxe (como a dinámica dos transportes).
Vivir na aldea ou na cidade xa non debe ser un problema. Polo menos na teoría. Poida que as diversas disposicións das infraestruturas ou instrumentos non sexan os mesmos nin os máis eficientas nalgúns casos, pero todos temos unhas necesidades que queremos cubrir. E entre elas, está a comunicación. Agora, que cada un trate o tema como lle apeteza.
S2D (Fernández Trasmonte, Garea Albarrán, Lorenzo Pérez, Nespereira Vale)
Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos and tagged Fernández Trasmonte, Garea Albarrán, Lorenzo Pérez, Nespereira Vale. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0