Compostimes: Conclusións finais

Compostimes-nace-con-acento-da-Costa-da-Morte

Tras facer una intesiva investigación e haber colaborado con Compostimes, o meu grupo e máis eu podemos acadar unhas conclusións finais deste proxecto de Prot sobre o portal informativo Compostimes.

Por unha banda, ó coñecer a orixe de Compostimes vimos que, con esforzo e unha pequena inversión económica se pode construir un proxecto como unha páxina web informativa coma o de Compostimes, pero tamén chegamos á conclusión de que se queren que sexa duradeiro, deben comprometerse.

Por outra banda, Compostimes é un medio moi novo, e desde o noso punto de vista se quere ter durabilidade debe comezar a aplicar filtros ás súas publicacións. Non nos quedou claro onde encaixar a Compostimes, se como un medio comunitario (ao estar escrito por unha comunidade, neste caso universitaria) ou como un medio de comunicación a secas.

Cada un aproveiteitou o traballo para coñecer dende cerca cómo se estrutura un medio comunitario, sendo este ademais un medio moi próximo ós universitarios e ós estudantes de Xornalismo.

Tanto individualmente coma en grupo tivemos a oportunidade de saber cómo xurdiu Compostimes, e cales son as propostas que están a barallar de cara ó seu futuro. Puidemos comprobar que os medios comunitarios precisan da comunidade como motor. O motor de Compostimes neste momento é a universidade, non poden prescindir dela (a grande maioría dos seus lectores son universitarios), algo que pode ser unha limitación se contemplan expandir a súa área de influencia.

Esperamos así mismo, que despois das lectura, por parte de cada un dos alumnos desta materia, dos post que publicamos, haxan podido aprender, ó igual que nós, algo novo acerca de Compostimes.

 T3B

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: