Comuníqueme de onde ven sendo (I)

Un xornalista fracasado ten a costume de seguir ás persoas, intentando conseguir mediante este itinerario, a inspiración que o saque da ruína. En Following, Bill está “prisioneiro” do camiño que lle marcan con enganos os outros personaxes. Crése dono das accións que leva a cabo, tan só seguindo os consellos e intentando aprender de Cobb, e salta a lei para loitar por unha muller que, aparentemente, se cruzou no seu camiño. Pero en realidade resulta estar metido nunha operación maior, na que tan só é un peón totalmente prescindible.

Prescindibles son en In the mood for love os dous personaxes principais da película para as súas respectivas parellas. Cando descobren tras unha serie de casualidades produto dunha acción planificada con fíos soltos, os enganados finxen unha realidade que non é a súa. Buscan os escenarios onde estes enganos se levan a cabo e intentan interpretalos, tratando de ser donos dunha realidade que non lles corresponde.

Gente di Roma aglutina diferentes comportamentos de cada persoa: un retrato da cidade a través dos seus cidadáns. Vemos dende maneiras de enfrontarse a enfermidades como o alzheimer ata os comportamentos individuais de cada personaxe fronte a unha viaxe en autobús que acaban delegando nun ambiente común.

Tres sitios distantes onde se levan a cabo os argumentos destas películas que ben poderían terse mesturado. E fáno, a través da vida dos personaxes que está incuestionablemente influenciada polo lugar onde medraron e residen, pola comunidade que os rodea. Todos os ambientes destas películas, eso sí, poden resultar incluso opresivos para os personaxes: pouco espacio e moita xente.

Quintás López, Paula T6C S3D

Posted on 3 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: