Con Porta do Camiño chegamos á fin

Tamén o traballo PRO-T toca o seu fin. O noso contacto coa asociación de corte teatral “Morreu o demo, acabouse a peseta”, Comba Campoy, propuxo a principio de cuadrimestre a elaboración dun banco de memoria para a recuperación do olvido do títere Barriga Verde. Nun primeiro momento consideramos que era tarefa doada, e, si, estábamos moi equivocados.

Os reveses e o medo comezaron cando Anxo, da compañía teatral Viravolta, lle confesou á nosa compañeira Javiera que soubera dese títere por unha minúscula entradiña nunha enciclopedia da Xunta. Pois vaia, non ía ser tan doado atopar fontes de calidade!

Decidimos, pois, dividir o traballo por cidades, por aquilo de abarcar máis espazo xeográfico; hai quen di que con moito pouco abarcas e resultou certo o refrán. Pablo en Sada falou cun mestre que lle aportou bibliografía, pero as fontes documentais non falan, por desgraza. Javiera fixo unha incursión no centro de maiores de Lalín no que lle deron tantas largas que aínda seguimos a esperar por eles. Elba atopou en Fene un señor que disque lembraba a Barriga Verde, pero o único que quería pór de manifesto era que os bonicrequeiros eran uns vagos e uns rojos (literal).Todo un fiasco.

Disque a unión fai a forza, polo que tentamos concentrar esforzos na cidade de Santiago de Compostela. Comezaron as pescudas e a recompilación de teléfonos de residencias de anciáns e as chamadas. Música en espera (bastante monótonas por certo). lle paso con fulaniño, fulaniño te pasa co departamento de…, chama máis tarde, necesitas permiso da Xunta, deixa o teu número e xa te chamamos nós. En definitiva: a burocracia tan rápida coma sempre. Teimando e teimando recibimos resposta da residencia Porta do Camiño, onde terminaríamos por facer ese vídeo para recuperar a memoria de Barriga.

Quedamos ás dez da mañá. Como non? Non estaba o asistente social. Paciencia, cafeliño e a esperar. Finalmente comezaron as entrevistas e con elas a desesperación: non me lembro, iso é política e diso non falo, son andaluza, eu sempre estaba na casa. Esas foron algunhas das respostas que obtivemos no centro. Ata que chegamos a Domingo Botana, 84 anos, de Compostela, todo un anxo da garda. Despois de escoitar a outros tantos aos que lles soaba a barraca, rematamos co relacións públicas da rúa San Pedro nunha barbería.Toda unha anécdota para contar.

A verdade é que o traballo tivo máis pedras no camiño das que esperábamos, pero por días como este merece a pena o estrés previo. Porque, a día de hoxe, podemos dicir que por fin aprendemos algo.

Premede aquí para ver o vídeo da nosa visita á residencia Porta do Camiño.

T2B

Cortés Suárez, Javiera

De la Barrera Agulló, Elba

Díaz Bouza, Pablo

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: