Pagando débedas (I)

Dicía Benjamin Franklin que “é mellor deitarse sen cear que erguerse con débedas”. Non podo estar máis de acordo. E a verdade é que, despois de tres meses de traballo afanoso, o único que desexo é ter un sono tranquilo. Xa se esgotou o prazo; chegoume a hora de “pagar” eses dous post que o blogue me reclama. Esa parella de textos que, ao comezo desta viaxe, decidín gardar na recámara para darlles un mellor uso. E, aínda a risco de poñer en perigo a miña nota final, creo que toca falar seriamente do que foi “Comunicación Interpersoal e Comunitaria”.

As memorias entregadas ata o momento supoñen unha especie de análise desglosado do que esta aventura significou para nós. Pero é innegable que houbo moito máis. Como xa expuxen no meu anterior post (“Valoracións xustas”), resúltame moi difícil discernir entre as actividades que realicei expresamente para a materia e todo o que englobou esta frutífera experiencia.

En primeiro lugar, cabe mencionar que esta asignatura foi, sen lugar a dúbidas, a tarefa académica á que máis tempo adiquei durante estes últimos meses. Os 6 créditos para os que máis tempo invertín en todo o que levamos de carreira. E isto debeuse exclusivamente ás miñas decisións, libres e persoais. Voume explicar: De terme aproveitado das circunstancias, cinguíndome unicamente ao que se agardaba de min nos distintos traballos, de seguro que a viaxe tería sido moi distinta. Máis levadeira, menos esforzada, pero nunca tan enriquecedora. Se en lugar de inscribirme voluntariamente no seminario de AGARESO, asistindo a todas as sesións 4 horas á semana, relacionándome con infinidade de xente implicada no xornalismo social, conversando e aprendendo con eles… Se en lugar diso me conformara con asistir unha hora á semana para tirar unhas cantas fotos, a escribir un par de post sobre o tema e redactar unhas breves memorias; a cousa tería mudado moito. Ocorre o mesmo co meu traballo TS. ¿Quen me mandaría a min colaborar como voluntario, realizando apoio socioeducativo a menores, durante 3 horas á semana? Pois a verdade é que ninguén. ¿Era necesario para aprobar? Non o creo. Pero era necesario para ENTENDER.

(Continúa no seguinte post)

Silva Vilas, Jesús S3D T8B

Posted on 3 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: