Preferentes: conclusións

Durante o noso traballo, decidimos analizar a función das plataformas de afectados polas preferentes e a súa comunicación cos afectados.

Comprobamos que a súa repercusión varía moito en función do lugar. Nos núcleos urbanos teñen un maior poder de mobilización, pois os afectados mediante as novas tecnoloxías e, sobre todo, a través do ¨boca a boca¨ comunican qué se fai nas plataformas, o asesoramento que reciben delas, a colaboración con asociacións dispostas a defender os intereses dos consumidores etc. Pola contra, nos espazos rurais, a menor dispoñibilidade de acceso ás novas tecnoloxías e, sobre todo, ao quedar a comunicación restrinxida a un núcleo de veciños coñecidos de menor tamaño, o poder de convocatoria é moito menor.

Como vemos, o labor das plataformas non sería posible sen o potencial que aproveitan das redes sociais, do correo electrónico e das súas páxinas web. Alí verquen todo tipo de contido que cren que lles pode resultar interesante aos afectados. Dende convocatorias de manifestacións, anuncios de charlas informativas, enlaces a noticias publicadas nos xornais ou manifestos dos distintos responsables das plataformas. E malia que se poida pensar que ao tratarse, no caso dos afectados, dun colectivo de idade avanzada, reacio ao emprego da Internet, non é así. Ben coa axuda dos fillos ou mediante os coñecementos que adquiren nas clases de informática que imparten os concellos logran familiarizarse con estes trebellos.

Ademais, as distintas plataformas, xa non só a nivel autonómico, senón tamén estatal, están en permanente contacto a través das redes sociais, mediante as cuales comparten impresións, acordan posibles solucións ao conflito etc. Con todo, á hora de mobilizarse, cada unha vai pola súa conta.

Por último, asociacións como AGAPROFI ou ADICAE colaboran activamente coas plataformas. Por unha banda encárganse de impartir charlas e reunións cos afectados e por outra, ofrécense a actuar de cabeza visible na loita, ao carecer as plataformas dunha escala xerárquica (malia que si existen varias persoas encargadas de xestionalas internamente).

S1E

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Nestes casos, algo moito peor que a desorganización na comunicación é a non-comunicación, como é o caso das zonas rurais, que dicides que se ven menos mobilizadas por causa de non chegaren alí as novas tecnoloxías. É un problema grave, qué solucións aportaríades vós?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: