Sempre nos quedará a radio

Coa suba deste último post remata o noso traballo de ProT, un traballo no que demos bastantes voltas ata atopar o camiño, e que mesmo unha vez nel, nos perdemos nalgunhas ocasións.

O dito, ao T3A costounos chegar, pero chegamos. Cumprimos co proposto, 3 entrevistas a un total de 5 compañeiros de clase que se prestaron moi amablemente a relatar como foron as súas experiencias cos seus respectivos traballos de ProT en COGAMI, IGAXES e AGADEA. As 3 entrevistas xa foron remitidas á emisora, para a súa pronta emisión. Tamén realizamos a pequena peza audiovisual coa intención de dar a coñecer e difundir a labor de Cuac FM, da cal nos sentimos moi orgullosos e que tamén remitimos a Cuac vía Facebook para que eles a difundan nas súas redes sociais.

Non foi doado traballar, as negociacións con Cuac levaron tempo, bastante máis do esperado, debido á súa estrutura organizativa de tipo horizontal; non había un xefe ao que dirixirse e co que negociar directamente, eles mesmos tiñan que decidir cousas entre todos antes de pórse a discutir con nós. Bueno, con Antón, xa que outro dos problemas do que nos demos conta sobre a marcha foi que as negociacións pola nosa parte recaeron case que exclusivamente no compañeiro Dubra. Resultaba lóxico, tratábase dunha persoa que xa traballara en Cuac, polo cal tiña un nivel de confianza maior que calquera membro do resto do grupo para negociar coa xente da emisora, porén non resultou xusto, xa que así o traballo non recaeu de xeito equitativo en todos os integrantes do grupo.

De todos xeitos, unha vez definimos ben as actividades, a realización das mesmas non nos deparou moitos infortunios. Dende o T3A podemos dicir que quedamos contentos de ter colaborado con Cuac FM, e mesmo algúns dos membros se plantexan volver a colaborar coa emisora a nivel individual. Porque é bonito pensar que sempre se pode volver a unha radio feita por e para os cidadáns.

Por último, aquí deixamos enlazados o documental sobre CuacFM e as entrevistas a AGADEA, COGAMI e IGAXES.

Os parrulos xornalistas despídense (polo momento) de CuacFM.

Antón Dubra, Uxía Estévez, Lara Fernández e Lidia Fernández.

T3A

Posted on 3 Maio, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: