Reflexións II: El hombre de al lado

A seguinte película da que toca falar é El hombre de al lado. Ao igual que In the mood for love, podemos analizalos itinerarios e os comportamentos dos personaxes.

A historia acontece ao redor de dous veciños: Leonardo e Víctor. O primeiro é un prestixioso arquitecto de Río de la Plata que vive nunha enorme casa coa súa muller e a súa filla, a cal non quere saber nada dos seus pais. Víctor, sen embargo, é un vendedor de coches usados sen muller e sen fillos. O problema acontece cando este último quere construir unha fiestra con vistas á casa de Leonardo para ter un raxito de sol. O arquitecto, impulsado sobre todo polas queixas da súa muller manda tapar o oco que se estaba construindo. Podemos ver dous itinerarios de vida contrapostos: por unha banda, Leonardo, que o fai todo para que a súa muller, á que considera inflexible, non se queixe e prefire cargar coa responsabilidade aos demáis (cando lle di ao seu veciño que non é posible construir a fiestra pon excusas como: a miña muller pensa que non imos ter intimidade, o meu sogro non me deixa xa que o terreno da casa é seu, etc), e Víctor, que fai as cousas tal e como él quere sen consultar a ninguén. Tamén quero destacar a maneira na que Leonardo quere escaparse dese itinerario no que se encontra cando invita a unha alumna a pasar o fin de semana na súa casa.

Tamén é importante falar dos lugares nos que vai transcurrindo a historia. Houbo encontros no terreo de Leonardo e no terreo de Víctor. Cando Leonardo fala có seu veciño desde a súa casa vese cómo impón autoridade e mostra a súa total negativa á construcción da fiestra, sen embargo, cando fala con Víctor dentro da súa furgoneta, é este último o que toma a iniciativa e di o que quere facer e como o quere facer, sempre beneficiando a Leonardo, o que, nesta ocasión non se mostra tan autoritario. O problema non deixa de medrar xa que cada un dos personaxes non se da por vencido e loita por conseguir os seus intereses.

A película mostra o choque que se produce cando se poñen en contacto mundos tan diferentes, o que tamén pode pasar na realidade. Ademáis, tamén podemos destacar a maneira que ten cada personaxe de tratar a súa familia. Vemos como Víctor defende ao seu tío enfermo por enrriba de todo, indo de cara, e non só a súa familia, ao final da película vexe como reacciona para defender aos seus veciños cando entran a robar a súa casa. Sen embargo, o arquitecto carga coa responsabilidade das decisións a súa muller e dalle voltas ao asunto para non parecer él o implicado e darlle as costas ao problema a maioría das veces.

Martínez Costas, Virxinia T5B S2A

Posted on 4 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: