Reflexións: In the mood for love

Como explicou Schütz, o mundo no que vivimos non é independente e externo ás persoas, senón que é o resultado das prácticas destas. Esta teoría podemos ver como se reflexa na práctica, nas dúas películas que vou a analizar: In the mood for love e El hombre de al lado.

Comezo, pois coa primeira. En In the mood for love podemos atopar os tres mundos dos que falaba Schütz. En primeiro lugar, o mundo “recuperable ou potencial”, que se relaciona có pasado. As relacións dos protagonistas, Chow e Li-Zhen coas súas parellas eran diferentes a como o son no presente que se reflexa na película, pouco a pouco as relacións van perdendo forza e as parellas dos protagonistas pasan máis tempo fóra da casa. O mundo “efectivo” relaciónase có presente. Como os actores viven á historia e danse conta do que está acontecendo, e por último, o mundo “asequible”, o futuro. Na película vese como Li-Zhen practica o momento no que lle preguntará ao ser marido se lle está sendo infiel. A pesar disto, ao longo da película os protagonistas se convierten, ademáis de na parella enganada, na parella que engana.

Os itinerarios dos protagonistas foron achegándose e compartíndose a medida que avanzaba a película. Ambos vivían no mesmo edificio, ían cada un ao seu traballo. O feito de que ela mercase todolos días fideos convértese tamén nun itinerario propio dela, que ao final tamén comparte con Chow. Ambos atópanse solos xa que as súas parellas viaxan moito e pasan longos períodos de tempo fóra da casa. Esta soidade convértese no motivo polo que comezan a verse e a manter unha relación máis estreita que cando eran tan só veciños. Polo tanto, ao comezar a compartir moitos momentos do seu día a día, comparten, a súa vez, os seur itinerarios.

Os lugares onde se desenvolven ás accións tamén son importantes e destacables. Como dixo De Certeau, existen dous mundos, o mundo político, onde os personaxes se comportaban correctamente, intentando que as persoas do edificio non se percatasen de que estaban xuntos, e o mundo real, cando saían a rúa e tiñan a libertade da que carecían dentro do edificio. Podo facer unha pequena clasificación das tipoloxías de encontro: o encontro imprevisto, os primeiros momentos nos que se atopaban os personaxe, e o encontro pactado. O primeiro evoluciona ao segundo a medida que avanza a película

Polo tanto, para concluir, fago referencia ao pensamento de Schütz que puxen no primeiro parágrafo. A relación que se estableceu entre os protagonistas foi resultado das accións das súas respectivas parellas.

Martínez Costas, Virxinia

Posted on 4 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: