A necesidade de comunicar

Para e elaboración deste segundo post sobre encontros e itinerarios centrareime en tres parellas de personaxes: de Following escollo ao “estafador” e ao “estafado”, de In the mood for love aos dous protagonistas e, de Gente di Roma,  ao señor que escoita voces no cemiterio e que fala coa condutora do autobua ús.

O moito da elección destes tres pares de personaxes é tratar o tema de como case sempre precisamos do outro para acadar algo.

O proxecto de escritor de Following precisaba de novas personaxes para as súas historias e foi dar cunha coa que non contaba a priori. Baixo o caro traxe e a pinta de non facerlle dano a unha mosca estaba un peculiar ladrón do que o protagonista non quería afastarse, non porque necesitase personaxes, senón porque necesitaba comunicarse con alguén e ese alguén levouno a máis xente (tal é o caso da rapaza), aínda que o desenlace non fose feliz.

In the mood for love  mostra como a necesidade é común á señora Chang e ao señor Chow pola falta das súas respectivas parellas, mais tamén mostra a vontade de establecer un contacto humano, non sexual. Os protagonistas do filme pretenden axudarlle ao outro (outra vez toma importancia “o outro”) a vencer as “tentacións” que poidan presentarse durante a ausencia daqueles cos que comparten a súa vida.  Nesta ocasión, o compartir experiencias similares fai que a comunicación co outro sexa máis sinxela.

O home de Gente di Roma precisaba tamén ao outro (ao igual que as tres personaxes anteriores) por un motivo similar ao protagonista de Following. Aínda que este non era escritor si que se sentía só, polo que acudía ao camposanto, onde cría escoitar voces que procedían das tumbas. A súa necesidade de compañía faise latente cando sube ao autobús, lugar no que pretende falar coa condutora, que non se mostra moi receptiva porque…que condutor de autobús non pensou que algún dos seus viaxeiros está un pouquiño tolo? A comunicación dentro dos autobuses sería un tema interesante de analizar, son outro dos lugares nos que se producen encontros entre persoas de todo tipo e con todo tipo de necesidades comunicativas.

Vizoso García, Ángel Antonio T8A S3F

Posted on 5 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Velaí un libro, que agora non lembro o título completo, do Marc Augé sobre as conversas e as miradas, os movementos e encontros no metro de París. Augé é especialista en antropoloxía urbana e ten un tratado famoso e breve: Los no-lugares. polo que dí vostede respecto de analisar as conversas do autobus. ë interesante xa que se trata dun espazo en movemento, un dispositivo de tránsito onde as conversas trascenden o traxecto. Saúde.  

    ________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: