O prezo da utopía sionista

Segundo defenden os sionistas, os dereitos históricos do pobo xudeu sobre a terra de Israel datan de tempos inmemoriais e están consignados en diversos documentos, entre eles na Biblia, o texto sagrado do Cristianismo. Cara ao século XVII AC, Abraham, Isaac e Xacobe, os patriarcas do pobo xudeu, establécense na Terra de Israel, concretándose o pacto divino e a promesa formulada a Xacobe trala súa loita co anxo enviado por Deus.

No 1948, unha Organización das Nacións Unidas (ONU) recen creada, decide purgar as culpas do holocausto favorecendo a creación dun estado sionista con recoñecemento internacional sobre o territorio que habita o pobo palestino. A partición é un feito consumado e os dirixentes do recén creado estado de Israel non se conforman con máis da metade do territorio e con algunhas comunidades árabes en minoría dentro das súas fronteiras. Para reverter esta situación deciden planificar unha guerra que lexitime a expulsión definitiva dos árabes do seu propio chan. É o Plan Dalet, cuxo propósito non é outro que garantir as fronteiras de Israel pola limpeza étnica, expulsión e destrución de vilas, cidades e urbanizacións palestinas.

O plan é executado polas forzas armadas de Israel. As prácticas de exterminio son habituais e utilizadas como ameaza os que se neguen a fuxir. Un cuarto de millón de palestinos abandonan os seus fogares fuxindo do terror sionista.

Dubra Todò, Antón Manoel  T3A S1F

Agasallo: http://michaeltsarion.com/mtsarforum/viewtopic.php?f=2&t=29&start=8

Posted on 5 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: