Un atisbo de realidade cinematográfica

Following, In the Mood for love e Gente di Roma… Que teñen en común estes filmes? Estratexias, tácticas, o xogo do engano, encontros e itinerarios… todo isto está presente nestas tres películas. Na primeira delas, un escritor en sequía creativa decide seguir á xente pola rúa para poder inspirarse. Deste xeito márcase regras a si mesmo, como elixir ás persoas ao azar ou non seguir á mesma persoa dúas veces. Así é como coñece a Cobb, un ladrón de casas que termina por xogarlle unha mala partida, enganándoo e facéndoo responsable dun crime.

No segundo dos filmes, In the Mood for love, podemos ver roles sociais. A muller que sabe que o seu home a está enganando e aínda así prefire gardar a compostura e non se atreve a facer nada ao respecto. Coñece a outro home a quen tamén lle está sendo infiel a súa parella e que lle propón irse xuntos, pero esta non acepta, a pesar de que ambos saben que os seus cónxuxes están xuntos.

Na derradeira película, Gente di Roma, o motivo principal é o das diferenzas raciais, tamén o das clases sociais e os diferentes estamentos. A través dun paseo pola cidade de Roma observamos a diversidade cultural existente e a relación comunitaria e interpersoal que se desenvolve entre os seus habitantes. Imaxes e tópicos que aparecen reflectidos nesta película que pretende mostrarnos a Roma máis profunda cos seus códigos formais e morais, berce do mundo occidental.

Ao igual que sucede nestes tres filmes, no noso día a día tamén nos marcamos unhas regras e uns itinerarios: debo facer isto, isto e isto. En ocasións xorden interferencias que nos desvían dos nosos obxectivos e entón debemos reformular o procedemento inicial. Ademais, na sosa sociedade tamén convivimos cunha serie de estereotipos e de convicións sociais que inflúen na nosa maneira de actuar. Todo isto conforma o noso círculo habitual de conducta.

Prado Álvarez, Mario T6C S3E

Posted on 5 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: