CICLO CINE I: A COMUNICACiÓN SEN PALABRAS

Todos os camiños levan á Roma, pero en Gente di Roma, as persoas non perseguen esa meta, senón aclararse cos demais, e sobre todo consigo mesmos. Neste filme podemos atopar diversos personaxes: brancos, negros, emigrantes, pobres, menos pobres… Todos se comunican igual: a través do que din, e do que non din.

Atopamos diversos itinerarios: o camiño feito en bus, o parque onde come un desempregado, unha cociña, un centro onde tratan o alzheimer… E todos teñen un problema: non se entenden coa sociedade, porque esta mesma non se adapta a ela. Pero o mesmo pasa en In the mood for love e en Following. Vemos en ambas dúas películas personaxes con diversos problemas, e que intentan encontrarse co que queren seguindo diferentes itinerarios e a través de distintos encontros. En Following, o desexo de escribir levouno a unha situación onde a comunicación non era transparente, e ademais era confusa. Non sabía en qué estaba metido nin qué estaba facendo exactamente, pero as ansias de conseguir o amor da muller loira cegábao. En In the mood for love, acontece o mesmo. No Hon Kong dos anos 60, dúas persoas teñen encontros, que se ven fomentados por un contexto símil: ambos teñen problemas no seu matrimonio, e decidin buscar unha posible solución a través dunha comunicación interpersoal entre eles.

Tres películas, varios personaxes en diferentes situacións e que intentan comunicarse coa sociedade seguindo diferentes itinerarios e tendo diversos encontros. Porque a comunicación, moitas veces, non necesita servirse das palabras.

 

Fernández Trasmonte, Lidia     S2D     T3A

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: