CICLO CINE II: COMUNICACIÓN SUTIL

Neste segundo post sobre cine, quero resaltar un dos grandes elementos que se utilizan sempre nos filmes, e que moitas veces non lle damos o valor que realmente teñen: as bandas sonoras. A música comunica, e en In the mood for love, podemos ver como os personaxes seguen diferentes itinerarios e teñen determinados encontros que, moitas veces, maniféstanse a través da música. Repetindo continuamente as mesmas cancións, os espectadores logramos relacionar determinadas situacións.

En Following, as imaxes estaban máis distorsionadas, eran máis abstractas. A comunicación semellaba cortada, pero mesmo así, o personaxe lograba realizar todas as actividades e sentirse máis cómodo para escribir, aínda que a comodidade non era precisamente unha característica soportable. Neste caso, a banda sonora non é un elemento tan característico, pero sí moi importante, pois o seu efecto comunicativo é moi importante. E en Gente di Roma, as personaxes relacionábanse a través dos encontros e recorrendo certos itinerarios, como a entrevista no bus e a charla profundamente efímera, así como a conversación dunha muller coa súa cuñada sobre a súa situación sentimental. A historia atravesa etapas que se vén marcadas polo paso do tempo. Todo complicado inténtanno simplificar. A comunicación moitas veces, é ese elemento simplificador.

Fernández Trasmonte, Lidia S2D T3A

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: