De itinerarios, de encontros e do azar

Despois de ler os textos e de ver os tres filmes, Following, In the mood for love e Gente de Roma podemos atopar varios puntos en común. Do que vos vou falar neste post son dos encontros e dos itinerarios.

Imaxe

En Following, Bill, escritor en paro, leva sempre a cabo o mesmo itinerario, consistente en seguir a persoas pola rúa e observalas; podemos dicir que o itinerario de Bill consiste en observar o itinerario dos demais. Ata que aparece a figura de Cobb, un xove ben traxeado, cuxa imaxe engana. Hai un obstáculo que trabucou por completo o itinerario de Bill, a súa práctica cotiá como diría o francés De Certeau, e este foi o seu encontro con Cobb. Un encontro que lle cambiaría a vida para sempre. Citando de novo a De Certeau, defínese “estratexia” como cálculo de relación de forzas nun escenario ou lugar posible. As estratexias son accións que procuran un lugar de poder dende onde se pode comunicar e exercer. Nesta película Cobb é o estratega; consciente de que Bill o seguía, elabora mentalmente a súa estratexia, vaga a redundancia: o lugar, unha cafetería, conquistando a Bill coas promesas dun futuro éxito como escritor e arrastrándoo ao mundo da delincuencia. Tan estratega foi que conseguiu culpalo dun asasinato que cometera o propio Cobb.

Imaxe

Se falamos agora de In mood for love tamén hai itinerarios que son mudados tras os encontros. Os itinerarios das dúas parellas mudan cando se atopan, pero sempre baixo a máscara dunha aparente práctica cotiá e normalidade, unha fachada que intentan manter ao longo de todo o filme. O home e a muller, veciños e casados, son protagonistas de numerosos encontros que agochan. E incluso cando xa non viven porta con porta as súas vidas vólvense atopar moitas veces, mudando ese itinerario marcado pola rutina.

Gente de Roma é un filme no que o bus marca o itinerario e os encontros que verá o espectador. Estes encontros non están marcados pola estratexia, ao contrario de Follwing, senón polo puro azar. O xornalista que entrevista ao rapaz do bus, o rapaz que se atopa coa rapaza, un camareiro racista, vagabundos… Vidas cruzadas por encontros artellados polo azar.

Barrientos Reboiras, Mª Uxía  T2A BCP

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Costoya Rodríguez, Adriana

    Paréceme moi destacabe o símil que presentas sobre os itinerarios nas tres películas. Porén, gustaríame determe en In mood for love. Neste filme a banda sonora e a repetición do mesmo plano conseguen transmitir esa cotianidade da que ti falas. Este feito marca unha estrutura moi ríxida na película e permite que calquer outro suceso cobre especial relevancia se logra romper con esta pauta. Mentres que en Gente de Roma, os itinerarios das personaxes mestúranse entre sí, aportandolle ao filme un maior dinamismo. Ademais, a estrutura é menos ríxida ao non ter pautas constantes, o que manten máis activo e inmerso na película ao espectador. Para min, o xogo dos itinerarios nestes filmes son antagónicos, de aquí que un amose lentitude e rixidez e o outro axilidade e espontaneidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: