Espazos (I)
Logo de ver os filmes e botarlle un ollo aos apuntamentos, lembrei a un dos meus mellores amigos. Durante o curso vivimos na mesma cidade, e acostumamos pasar moito tempo xuntos. O certo é que, aplicando o coñecemento desta materia ao noso comportamento, as cousas encaixan e cobran sentido dun xeito curioso. Non vexo mellor xeito de mostrar o contido transversal aos filmes e aos apuntamentos que este.
Dende hai moito tempo acostumamos a xogar ao mesmo cando imos andando pola rúa. Observamos a multitude. Porque esa señora leva a carteira, ese home leva un calcetín de cada cor e esa rapaza estrea roupa, se o rapazo do seu lado debe de ser o seu pretendente,… Adoitamos analizar as relacións entre os transeúntes, as súas posibles aspiracións, o seu comportamento, os seus itinerarios,… Adoramos facelo. Outras veces temos xogado a subvertir a situación. Lembro que unha vez simulamos unha discusión doméstica na cola dun supermercado.
Teño a teoría de que o humor se fundamenta únicamente na transgresión -maiormente, transgresión social-. Supoño que por iso nos facía gracia. Estabamos a descolocar o encontro e a situación, a ser ilóxicos fronte ao contexto dado. (Do mesmo xeito que o xornalista no bús en Gente di Roma).
Aí onde radica unha parte de ser flâneur. No asombroso xogo de descubrirse a un mesmo nos outros (dende esa óptica de mero observador). E será por iso que adoramos o xogo.
Ramos Cuba, Laura S3B T7A
Posted on 6 Maio, 2013, in Documentos and tagged Ramos Cuba. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0