Espazos (II)

O flâneur, como sabedes, non é só un simple observador. Senón, o meu amigo -do que vos falaba no anterior post- e máis eu seríamos simples miróns, voyeurs. É por iso que, sacando de experiencia propia, vexo que a xeocomunicación está tan interiorizada en min que non o noto como algo alleo. O meu amigo e máis eu non nos obsesionamos, como lle acontecera a unha rapaza segundo comentaba o profesor nun dos posts. É máis, somos víctimas dos itinerarios que a comunidade e as situacións van -pouco a pouco- marcando en nós.

Botando a vista -por exemplo- a In the mood for love, vexo a importancia dos espazos. Podemos ver como os itinerarios de ambos protagonistas van mudando moi lentamente -por circunstancias e motivos diversos- ata chegar a entrelazarse. E é aí cando xurde a necesidade de crear un espazo común a eles dous.

Creo que isto é moi clarificador -a presión do contexto que sufren- na ocasión na que ela queda recluida no cuarto do veciño, ao estar o resto xogando ao Mahjong. É totalmente tanxible como eles se recluen nese pequeno espazo creado. Supoño que é por iso que botan man dun hotel, dun cuarto de hotel alleo á rede da súa veciñanza. Así, constrúen ao longo do tempo outro espazo completamente novo para eles dous, distanciándose das presións. Logo xa podemos ver que este espazo artificial, ficticio, ese ecosistema de dous, non pode subsistir. Quizais por inanición, por causas externas, por deus sabe que.

Extrapolando o tema dos espazos e os itinerarios ao meu amigo, contareivos. O outro día íamos, de novo, paseando. Desta volta, el preferiu ir por un sitio distinto. A min estrañoume moito, adoitabamos dirixirnos sempre ao Preguntoiro, onde hai moita xente e podemos xogar a observar, xulgar, analizar ao resto dos transeúntes. Como non, había un motivo para este cambio de ruta. Un novo punto de referencia no mapa do meu amigo que non existía no meu. A casa dunha rapaza. El quería pasar preto, mudar o itinerario para, como non, obter a sorte de que se producise un encontro “casual”. (Había, como non, un interese pola súa parte.)

E, despois dese día, seguimos igual, pasando por esa mesma rúa como antes pasabamos polo Preguntoiro.

Ramos Cuba, Laura S3B T7A

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Espero que o seu acompañante, non fora o seu pretendente tamén. Vaia chasco. (discúlpeme, foi inevitabel) Saúde.

    • Laura Ramos Cuba

      Xa expliquei que era amigo meu, máis nada e sen ningunha outra pretensión. Non foi chasco ningún, que axiña souben de que pé coxeaba en canto suxeriu o cambio de ruta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: