Gente di Roma

Gente de Roma, permítenos observar a Roma dende a súa cidadanía , as diversas culturas, xa que nos encontramos con negros, italianos, blancos…
Aquí podemos falar do termo de cidadanía, como ben di Mata a cidadanía máis que vela na súa dimensión xurídica, hai que observala como un modo específico de aparición dos individuos na esfera pública. Isto apréciase na película, en escenas tan cotiás como unha viaxe en bus. Escena na que podemos apreciar como ¨inicia¨conversación un xornalista.
Como é obvio, nunha cidadanía tan completa e diversa como é Roma. Dánse distintas formas de comunicación, pero a que máis me chamou a atención foi a denominada ¨cidadanía comunicativa exercida¨, que se reflexa perfectamente na expulsión dun bar de maneira disimulada dun xóven negro. Alude á posibilidade da acción involucrando dimensións políticas, sociais e culturais vencelladas aos valores de igualdade, calidade, solidariedade e non discriminación. Lígase, xa que logo, ás referencias identitarias a ao recoñecemento das diferencias. En gente di Roma non había este tipo de comunicación, máis ben si que o había pero pretendíase ocultar.
Tamén falando dos itinerarios podemos destacar a figura do home que o acababan de despedir e non se atrevía a decirllo á súa muller. Polo que todos os días continuaba a súa vida de maneira organizada, da mesma maneira que facía cando traballaba. Refléxase perfectamente, xa que se levanta á mesma hora, colle o bocadillo( que a súa muller lle seguía a preparar) e vai para o parque pasar as horas, mentras non é hora de volver á casa.
Non vou deixar de lado, outro tema tratado na película, o rango social. Aprécianse algúns personaxes máis importantes ca outros. Ben é o caso do médico e os seus enfermos de alzheimer, ós que pretende facer entender que están enfermos a partir de distintos xogos, que lles fan a eles mesmos, dárse de conta de que non están ben. Un momento moi duro da película, por certo.

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: