Gente di Roma
Unha liña de autobús vai trazando un percorrido que nos levará a coñecer a multitude de personaxes, que sen ter nada que ver, compartirán camiño e encontros ao longo de toda a cidade de Roma.
Gente di Roma móstranos un conxunto de escenas cotidianas que pasan todas na mesma cidade. Nada teñen que ver as unhas coas outras, non deixan de ser historias distintas pertencentes a cada habitante, a cada vida residente na capital: un señor maior a punto de ser esquecido nunha residencia, uns adolescentes que espían a unha muller, un camareiro racista, vagabundos, persoas ricas… Porén, non podemos obviar o detalle de que moitas veces, aínda que pareza insignificante, moitas das persoas que nos rodean e coas que simplemente nos cruzamos algunha vez, deixan unha pegada en nós. Na escena na que o xornalista comeza a falar co chico que está sentado no autobús, algo dese xornalista, que ao principio parecía tan diferente ao seu interlocutor, queda pegado nel. Unha vez o xornalista desaparece e a chica reempraza o seu lugar, o rapaz comeza a falarlle con entusiasmo, copiando todo o dito polo seu anterior compañeiro de asento.
A película móstranos o comportamento e a historia dun único ente, que sería Roma, e que está composto por milleiros de pequenas historias, de camiños que se cruzan deixando marcas os uns nos outros, condicionando o futuro dese itinerario.
Quiroga Trasorras, Rosalía T6A S3A
Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged Quiroga Trasorras. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0