ITINERARIOS E ECONCONTROS: XEOCOMUNICACIÓN

Algúns dos nosos compañeiros falaban de “xeocomunicación”, un concepto moi extraño que moitos non chegabamos a entender por completo. Moitos autores enuncian sen medo que a sociedade condiciona ao individuo. Geertz e Orwell fálannos de sentido e decencia común; comportamentos provocados pola vida en sociedade, modos de vida determinados polo entorno. Pero cando falamos de psicoloxía falamos tamén de seres sen psique, de obxectos e paisaxes inertes. Os edificios, as rúas, os diferentes camiños, os comercios, os parques… A cidade condiciona o noso modo de movernos, de percibir o mundo, de aprender a coñecer. Todos aprendemos a vivir na nosa cidade, como flâneurs, os máis puros paseantes voyeuristas de Beaudelaire. Medimos as distancias dependendo de onde se atopa a nosa casa, de se debemos coller bus ou non para ir ata o centro, de onde viven os nosos amigos. Todo o que percibimos ao noso redor conforma o noso imaxinario, a nosa visión do mundo. Como o fotógrafo que describe Susan Sonntag, vamos recolectando pequenos anacos de realidade, regocijándonos coa observación, catando a empatía.

E desta relación co inerte, xurde o interese polo que habita nel. Esas persoas nas que nos fixamos, ás que lles construímos unha vida na nosa mente. Seres desposuídos da súa existencia individual para convertérense en meros obxectos morbosos de atracción

García Botana T4A BCP

Posted on 6 Maio, 2013, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: