Mil primaveras máis para a lingua galega

Unha Galicia sen galego, unha lingua morta, da que soamente queden recordos nuns anacos de papel, ¿ é iso o que queremos? Desde logo que non, pero tristemente é o que día a día estamos a conseguir.

Permitindo que algo tan absurdo e simple como escoitar a un neno falar en galego sexa un feito insólito. Sorprendendonos cada vez que aparece un grupo de música que canta na nosa lingua. Esquecendonos de que tamen existe a Cinsenta ou Brancaneves.

¿Os culpables? Nos últimos anos o marco normativo que xira en torno as linguas rexionais creou unha gran polémica. Na escola galego sí, ou galego non? Pero non nos enganemos, as políticas lingüísticas non son as que relegan o idioma ao trasteiro da nosa sociedade. Culpable é aquela nai que cambia de rexistro cando fala cos seus fillos, o pai que parece esquecer a sua lingua cada vez que pon o pe fóra de casa ou as avoas que se dirixen aos seus netos pensando que non naceron na mesma terra ca elas. Xestos insignificantes, un tras outro. E pasiño a pasiño, estamos deixando atrás o elemento que mais nos caracteriza, algo que non só forma parte das nosas vidas, forma parte de nós mesmos.

¿ Onde quedaron os contos dos nosos avós? ¿ As letras de cancións no noso fermoso idioma? ¿ As Xianas, Sabelas, Uxías e Anxos?
Parecen non ter cabida nunha sociedade na que a historia deixou pegada. Conseguiu que moitas persoas se chegasen a avergoñar de falar esta lingua, ou de ter un acento determinado, sen percatarse de que iso é o que nos fai pertencer a esta terra, o que define o noso pasado, o noso presente e esperemos que o noso futuro.

É ben certo que non se aprecia o que se ten ata que se perde, e oxalá que non sexa necesario chegar a eses extremos para valorar o afortunados que somos. Un raíño de esperanza cruza cada vez que un cativo, confundido, se pregunta por que seus pais só falan galego na casa, coma se incompresiblemente o agocharan. Rapaces así son os que fan reflexionar a esa clase de persoas, os que abren os ollos ante a realidade na que vivimos, e os que seguirán loitando por mil primaveiras máis para a lingua galega.

Diana Rodríguez Domínguez – Técnicas de Expresión (1º Derecho)

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2013, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: