O multiperspectivismo da cidade (I)

Se analizamos as cidades modernas desde o punto de vista sociolóxico, atoparemos cantidade de puntos en común entre as grandes urbes dunhas e doutras latitudes. A globalización, como todos sabemos, uniformiza, e as redes que se constrúen a partir das interrelacións humanas repítense nuns e noutros lugares, así como tamén son coincidentes oficios e rutinas. É a Trude de Italo Calvino (1998): “Era a primeira vez que ía a Trude, pero xa coñecía o hotel no que acertei aloxarme”. Porén, se observamos a cidade pormenorizadamente, veremos que é poliédrica, incribelmente rica en matices.

Unha e outra perspectiva poden ser observadas en Gente di Roma (Ettore Scola, 2003), un filme que se podería definir como encontro de encontros. Deixando a un lado a beleza desa capital do mundo clásico, o certo é que podemos situar eses encontros e os seus escenarios (o bus, o bar, a residencia de anciáns…) non só en Roma, senón en calquera grande cidade cando menos do mundo occidental. Persoas de múltiples culturas, membros de diferentes clases sociais, de idades variadas e de motivacións diversas interactúan nos escenarios que comparten en situacións determinadas polo azar. As vidas entrecrúzanse unha e outra vez. Aí é onde pode entrar a mirada do xornalista de rúa ou do xornalista comunitario -que atende ás comunidades-, unha mirada crítica establecida a partir do coñecemento das estratexias (manipulación por parte do suxeito con poder) e das tácticas (recurso do feble), conceptos dos que nos falou o historiador francés Michel De Certeau.

David Fontán Bestilleiro    T4B    S2C

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: