O multiperspectivismo da cidade (II)

A cidade, como dicíamos, é rica en matices. O multiperspectivismo desde o que podemos observar e analizar cada encontro é boa proba disto. E o certo é que en calquera intre do día, masas tremendamente heteroxéneas se desprazan a través da cidade coma se de auténticos torrentes se tratase. E nestes torrentes humanos un convértense nun personaxe anónimo. Anónimo e, en certo modo, libre. Na cidade, entre a protección da masa, atópase a liberdade moral da que falaba Charles Baudelaire. “Un home que pasea non debería ter que preocuparse dos riscos que corre ou das regras da cidade”, afirmaba o novelista e ensaísta francés Edmond Jaloux no seu artigo Le Dernier Flâneur (Le Temps, 1936).

Está é a liberdade coa que xoga Bill en Following, a ópera prima de Christopher Nolan (1998). Escritor en paro e sen ideas, convírtese nun auténtico observador da cidade. O seu itinerario é o de seguir os itinerarios dos demais en busca de inspiración. Sinxelo, non? Bill márcase a si mesmo unhas regras, unhas pautas definitorias e limitadoras da súa actividade. Mais entón aparece Cobb, tan ben vestido. E Bill déixase seducir polo súa atractiva personalidade. En certo modo é enganado, e a invasión da intimidade e incluso da privacidade coas que xogaba o escritor deixan de ser un xogo para convertérense en auténticos delitos.

Co engano, igual que Cobb, xogan Chow e Su, os protagonistas de In the Mood for Love (Wong Kar-Wai, 2000). Porque en primeira instancia, as súas parellas engananos. Sonlles infieis e eles sábeno. Á súa vez, combatindo a soidade, realizan unha serie de encontros que se introducen na rutina dese Hong Kong dos 60. Con eles tentan escapar do mundo das apariencias no que viven inmersos. Respectan as distancias, sobre todo a ollos de veciños e outros círculos comúns; as súas son accións asociadas a valores e crenzas, é dicir, as accións que forman comunidade. E aquí, nestas ou noutras situacións de conflito, é onde debe entrar a acción comunicativa buscando consenso, espírito común e sendo axente ou catalizador dos cambios sociais que teñan lugar.

David Fontán Bestilleiro    T4B    S2C

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: