#Repetición: In the mood for love / Following
Se tivese que escoller un ‘hastag’ para definir a estas dúas películas, probablemente sería #Repetición (aplicándoo de xeito bastante estrito, porque a banda sonora de In the mood for love, é para darlle de comer aparte…) Ou tamén #Itinerario. Falouse moito nas aulas expositivas de itinerarios, procesos de repetición, organigramas (e organización das actividades en xeral) Ben, considero que estes dous filmes son un reflexo (un tanto levado ao límite, eso si) destos termos que comentaba.
Following retrata as actividades de seguimento –sempre baixo o mesmo patrón- do protagonista. Actividades que unicamente se ven alteradas cando un factor externo, o misterioso “ladrón refirado”, interfire na súa rutina diaria, alterándoa e ensinándolle uns novos patróns que serán o que o leven á perdición (e á cadea).
En In the mood for love, sucede o caso inverso. É precisamente o encontro entre as dúas personaxes principais o que desencadea a formación dunha rutina e uns patróns moi marcados: traballo-casa-tallaríns-casa-traballo, e así un día tras outro. Parece incluso que o director quixo remarcar estas rutinas co emprego reiterado das mesmas músicas en escenas practicamente idénticas a nivel técnico e con planos exactos.
Marta López Pereiro T5A S2C
Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged Lopez Pereiro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0