Ver, observar, comunicar, escoitar

Neste post tratarei de dar unas breves pinceladas da situación e o contexto que rodea a cada película, así como reflexionar sobre os conceptos de cidadanía e desenvolvemento dos apuntamentos.

En Following toda a trama ten lugar en Londres, unha cidade chea de grandes edificios, de xente e xente, unha comunidade na que cadaquén pode vivir totalmente alleo a ela se o desexa. O comportamento das personaxes elabora o contexto, xa que ambas queren destacar na sociedade: Bill quere obter a atención da moza loura que seguira facía tempo (e resultou ser amante de Cobb) e Cobb quere probar a súa astucia, quere destacar ante os demais, pero ao mesmo tempo vivir baixo a sombra do anonimato, xa que o que está facendo é un delito penado na sociedade.

En In Mood for love a situación ten lugar en Xapón, concretamente nun edificio e un restaurante. Filme que xoga coa repetición de planos e de música, para transmitir así ese cambio nos itinerarios das personaxes. O contexto polo que se vén influídos tanto Chow como Su é a mentira, o engano das súas parellas.

Mentira que, por outra banda, tamén é un elemento transversal á citada Following e a Gente di Roma. Mentira nas persoas á hora de responder ao xornalista, mentira do camareiro, mentira de Cobb, mentira da moza loura…

Por outra banda, en Gente di Roma podemos observar un concepto como é o de Comunicación e Desenvolvemento (ComDev): os procesos de comunicación son a maneira de abordar a complexidade dos problemas sociais, porque permiten ás comunidades definir quenes son, cales son as súas aspiracións e necesidades, e como poden traballar para a mellora das súas vidas. O diálogo é o eixo da comunicación para o cambio social: intercambiar ideas, informar, influír, pero, sobre todo, escoitar. Neste filme o comunicador, o xornalista, recolle a opinión e a visión de diferentes persoas da rúa, de diferentes estratos sociais. A figura do xornalista é representativa da ComDev, xa que unha das características que debe ter un bo comunicador é saber escoitar. E é aquí onde farei referencia ao tema da cidadanía: o cidadán reclama do comunicador a mediación dun coñecemento que faga transparentes as relacións que constituen a sociedade na que vive. Este papel obsérvase no xornalista de Gente di Roma. Ver, observar, comunicar, escoitar.

Barrientos Reboiras, Mª Uxía T2A BCP

Barrientos Reboiras, Mª Uxía T2A BCP

Posted on 6 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Tania Mallo Domínguez

    Está claro que el espacio donde se desenvuelve una historia influye en las personas y en la forma de actuar y relacionarse, y un claro ejemplo es cada una de estas tres películas. Como tú dices, “o diálogo é o eixo da comunicación para o cambio social” y en estas tres películas vimos maneras de comunicarse muy diferentes que reflejan el contexto y la cultura en la que se dan. Por último, creo que tanto Following, como Gente di Roma o In The Mood for Love, son las filmes apropiadas para explicar los conceptos que expones en este texto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: