A comunicación, o cambio da realidade
Os encontros, as situacións, os contextos, os itinerarios, a comunicación, a realidade, a vida cotiá… Estes son algúns dos elementos que temos que ver refrexados nas tres películas que vimos para esta asignatura- In the mood for love, Following, Gente de Roma–
Dende a primeira experiencia visual non é fácil recoñecer o que se procura con estes visionados, sen embargo tras diversas aclaracións e varios vistazos aos apuntamentos, teñome quedar cunha frase en especial que aparece neles : “A comunicación é un proceso a traverso do cal os actores chegan a acordos, dominan situacións e poden xerar e transformar a realidade”
Comezando por In the mood for love , no seu contexto, Hong Kong dos anos sesenta, dous personaxes que coinciden nun mesmo edificio, cunha situación semexante coas súas respectivas parellas, lévaos a certos encontros e situación nos seus itinerarios que van desenvolver unha relación de comunicación entre eles, esta comunicación, trunca, ou cambia a realidade. A imposición do mundo cotiá levounos á primeira casualidade dos encontros nos seus itinerarios, mostrando así a través da comunicación destes actores a intersubxectivamente do mundo constituído. A interpretación de situacións e solución de problemas prácticos das persoas. Estes encontros lévaos a transformar a realidade, a decatarse do engano das súas parexas, e a convertirse eles tamén nos enganados que á súa vez enganan con seus encontros finalmente buscados.
Os itinerarios tamén se ven truncados nas outras dúas películas despois dos encontros, de situcacións ao azar e de varias comunicacións con diferentes personaxes. Dase así no protagonista de Following cambio o seu itinerario despois de coñecer a cobb, ou por exemplo en Gente de Roma a situación que leva no concerto á nai a falar polo teléfono repercute na pérdida do fillo, situacións ao azar que levan a cambiar a realidad
Martín Losón Fernández T5B BCP
Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged Losón Fernández, post individual. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0