El hombre de al lado

“O home do lado” é Víctor, un veciño que trastorna a tranquilidade dunha familia próspera de Arxentina por construír unha ventá. O pai de familia que vive na casa contigua está empeñado en evitar, custe o que custe, a construción desa fiestra que provocará a violación da súa intimidade.

Víctor, intenta trabar amizade con Leonardo, o pai de familia, mais este comeza a profesarlle un odio irracional que utiliza como vía de escape dos seus problemas familiares. Estes dous personaxes son radicalmente distintos. Víctor é caótico, humilde e temperamental mentres que Leonardo está sumido na rutina e é vaidoso e elitista.

Os diferentes encontros que manteñen os personaxes na casa do protagonista, no coche de Víctor, nunha cantina e nos corredoiros do edificio sérvenlles para negociar a conveniencia de facer a ventá ou gardar a intimidade da familia de Leonardo. Víctor afirma que só quere sol pero Leonardo valéndose de argumentos pobres, pretextos e mesmo mentiras, pretende impedir a construción desa ventá que acabará coa comodidade e a privacidade da súa casa.

Nestes encontros os protagonistas non dan chegado a un acordo. Cada un vela polos seus intereses e a ambos lles parece totalemente lóxicos e lexítimos os seus razoamentos e as súas posición. Esto introdúcenos no debate moral de se prima máis a privacidade de Leonardo ou o dereito de Víctor a abrir unha fiestra na parede da súa casa. Neste caso, o espectador comprende as dúas posición e resúltalle complicado decantarse por un lado.

Barreiros Rodriguez, Elsa T2C S1B

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: