Estratexias comunicativas
Falamos de itinerarios, e do azar, pero tamén debemos falar das “estratexias” que De Certau nos explicaba… “Chama “estratexia” ao cálculo de relación de forzas nun escenario ou lugar posible. O estratega fai propio ise escenario para substraerse a el, en maior ou menos medida, en relación ao plano marcado pola conveniencia da súa estratexia”.
Falamos de estrategas como Cobb en Following que soupo que o seguía o escritor, e fixo que variase o seu itinerario, tamén como estrategas podemos dicir os protagonistas de In the mood for love, que impoñeron un itinerario para que o seu encontro se dese nunca situación comunicativa forzada. O que non estou seguro de chamar estratega ao xornalista que sube ao bus a buscar experiencias dos cidadáns para o seu documental en Gente de Roma, el tamén busca encontros preparados, e ten a súa estratexia para tomar contacto cos demais actores.
Neste contexto entramos tamén o elemento da cidadanía organizada, atopámonos co comunicador, como figura da comunidade organizada que debe optar por obter unha mellor variedade de interconexións coa súa comunidade, debe escoller a mellor maneira para conectar cos cidadáns para conseguir o que procura á vez de trasmitir o que os cidadáns piden. O xornalista do bus tal vez non fixo a súa tarefa como é debido co rapaz do asiento do lado, ao mellor a súa precipitación no encontro levou que o entrevistado non participase no acto comunicativo de forma coherente. Tamén en Followin, o protagonita non utilizou unha ferramenta adecuada na comunicación ca cidadanía así como no reflexo da realidade, a espionaxe nos itinerarios dos demais non seguen os esquemas adecuados para encaixar na realidade global comunicativa.
Martín Losón Fernández T5B BCP
Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged Losón Fernández, post individual. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0