In the mood for Following a Gente di Roma [I]

“Prestando atención nótanse as cousas”, esa é a frase coa que responde a protagonista feminina de In the mood for love ao seu xefe cando este se lle amosa sorprendido de que ela se percate dun nimio cambio seu na vestimenta. Prestando atención (e trala lectura dalgúns textos) unha dáse conta de moitas cousas nas que non se detivera a pensar mentres os fotogramas (ou frames, ou o que sexa) pasaban diante dos meus ollos.

Para falar de itinerarios das personaxes primeiro debemos falar da cultura común, cotiá, dos mesmos. Así pois atopámonos que cada filme conta cunha base cultural distinta: a anglosaxona de Following pouco ten que ver coa mediterránea de Gente di Roma, e qué falar da tan distinta (e por elo, aínda máis fascinante) cultura asiática de In the mood for love. O contexto e a situación, polo tanto, resultan claves no desenvolvemeto das historias, máis ben, na maneira na que se produce esa evolución, é dicir, nos itinerarios que as personaxes realizan.

Se pasamos a falar de tácticas, atopamos numerosos exemplos nos filmes, cada unha delas resólvese de xeito distinto. Ao final de Following descubrimos que todo o visto formaba parte dunha táctica para inculpar a un inocente dun asasinato. Nese mesmo filme tamén somos testemuñas de que dentro desa enorme táctica se desenvolven outras máis con diversos fins, como a de agochar un único pendente. Resulta moi interesante a táctica de abordaxe que emprega o xornalista que sube ao bus de Gente di Roma, emprega o desconcerto xerado para conseguir o que desexa: declaracións para a súa investigación. Esa mesma táctica de abordaxe é posta en práctica aos poucos minutos polo propio abordado, desta vez cunha finalidade distinta.

(continúa o fío no seguinte post)

Estévez Álvarez

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: