In the mood for Following a Gente di Roma [II]

(veño de aquí)

Desgraciadamente para el, a táctica que resultara un éxito empregada con outro sobre el resulta un fiasco cando é el quen o intenta, o cal tampouco resulta estraño: a posta en práctica da mesma táctica con xente diversa aportará resultados diversos. [Aproveito tamén unha frase que pronuncia o xornalista do bus: “Os chineses, os afganos, os árabes… en Roma vólvense romanos”, como exemplo para recordar a importancia da cultura nos itinerarios, unha vez os estranxeiros comezan a integrarse na cultura romana, vólvense romanos, isto é, actúan coma romanos].

Ao ler nos apuntamentos o concepto de cidadanía comunicativa exercida, e observando que alude á posibilidade da acción involucrando dimensións políticas, sociais e culturais vencelladas aos valores de igualdade, calidade, solidariedade e non discriminación,  véñenseme á mente dúas das historias de Gente di Roma, que ademais se desenvolven á inversa: o camareiro que semella tratar con respecto á un cliente negro, para logo descubrirse como racista; e a conversa entre un camareiro italiano cun lavapratos estranxeiro, na que uns insultos que semellan por diferenzas raciais rematan sendo unha broma entre dous amigos seareiros de equipos rivais, onde hai trato de igualdade. Tamén ese concepto de cidadanía me leva á reprimenda que lle bota unha veciña á protagonista feminina de In the mood for love, polo seu comportamento “pouco axeitado”, ao sentimento de vergoña ante o romance que mantén (ou case) co outro protagonista e ao temor ao “que dirán” de seren descubertos.

Estévez Álvarez

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: