In the mood for love

Nesta película oriental hai dous personaxes principais, un home e unha muller. Estes dous personaxes residen coas súas respectivas parellas (ausentes case sempre) nunha casa alquilada. Nesta casa é onde os protagonistas se coñecen e onde entablan unha estraña relación ó darse á casualidade de que as súas parellas, nas frecuentes ausencias, engánanos coa parella do outro.

Os personaxes principais atópanse na mesma situación e isto serve para unilos e os protagonistas comezan a verse ás agachadas. Porén, néganse a enganar as súas parellas como eles fixeron.  Debe sinalarse que co paso do tempo a parella vais enamorando mais a muller non está disposta a pagarlle coa mesma moeda ó seu esposo. Todas as situacións nas que se ven os dous personaxes son inocentes mais sempre ás agachadas polo medo de seren descubertos polos seus veciños.

Do contexto dos personaxes pouco sabemos. Coñecemos o seu traballo como oficinistas como contraposición ós empregos das súas parellas que os fan viaxar. Tamén sabemos que comparten a misma coxuntura ó verse enganados os dous e o tentar superalo ofrecéndose compañía un ó outro.

Nos encontros mantidos, á parella preocúpanlle dous aspectos. En primeiro lugar, non seren vistos xuntos polos vecinos, aínda que non estiveran facendo nada incorrecto, por medo ó que se puidera dicir deles. Por outra banda, a súa segunda preocupación consiste en non cometer o mesmo erro que cometeron as súas parellas e por tanto deciden actuar correctamente ignorando os seus sentimentos. Así pois, pódese dicir que os dous protagonistas poñen os seus principios morais por encima da súa felicidade.

Barreiros Rodríguez, Elsa T2C S1B

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: