O impacto das relacións (I)

O home é un ser social. Incluso antes de nacer xa se relaciona, neste caso coa súa nai. Ao nacer vanse creando vínculos afectivos que axudarán ao seu desenvolvemento como persoa. Nun primeiro momento, as súas relacións serán limitadas ao ámbito da familia. Os vínculos que se crean nesta etapa adoitan permanecer ao longo dos anos. A medida que vamos medrando aumentamos o noso contacto co resto de persoas: amigos, compañeiros, veciños e un longo etcétera.

En todas as películas que vimos estes días, un temas común a todas elas era a relación das personaxes. Pódese apreciar claramente como moitos destes vínculos se foron desenvolvendo durante un período longo de tempo . É o caso da nai que perde ao seu fillo ou do home que non é capaz de dicirlle á súa muller que está no paro na película Gente di Roma; Chow e a súa muller en In the mood of love ou da protagonista e o seu exnoivo en Following. En todos estes casos é doado comprobar que estas interaccións son un factor decisivo no carácter e máis no comportamento dos diferentes individuos. A nai preocúpase pola desaparición do fillo xa que o une a el unha ligazón afectiva moi poderosa. Do mesmo xeito, a mala situación que está a pasar o matrimonio de Chow faino ser un home infeliz e lévao a buscar o afecto noutra parte. Se non fora polas circunstancias que rodean estas relacións, algunhas das cousas que fan non as farían. É o caso da exparella da protagonista , se non fose pola presión da chantaxe non mandaría cometer un asasinato.

Pero este tipo de relacións non son as únicas que debemos ter en conta. Existe outro tipo de relacións que se dan de xeito habitual. Estoume referindo as relacións casuais, que poden durar apenas uns minutos. Que só se dan por causa do azar, de estar no lugar xusto no momento xusto. Delas falarei no seguinte post.

Lage Fernández, Noelia T5A S2B

 

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: