O impacto das relacións (II)

Como dicía no meu post anterior, é doado descubrir o efecto que casan en nós as ligazóns que desenvolvemos con diferentes persoas que pasan a ocupar un oco importante e permanente, aínda que non ten que ser para sempre, nas nosas vidas. Non obstante, as relacións casuais, que mantemos con persoas coas que non planearamos interaccionar, tamén poden afectar á nosa vida.

En primeiro lugar poden modificar a nosa vida se a relación se prolonga no tempo ata constituír un vínculo afectivo importante. É o caso dos protagonistas de In the mood of love. Nun primeiro momento só se saudaban ao coincidir no corredor sen que fose máis alá. Sen embargo, ao cabo dun tempo xa quedaban de forma habitual o que tivo repercusións entre as que atopamos que Chow se animou a escribir, algo que sempre desexara.Outras non se converten en habituais xa que non se lles dá tempo, o que non quita que afecten. É o caso do protagonista de Following. Vai xunto a un policía nun momento determinado na procura dun servizo. A súa relación non dura máis dunhas horas e probablemente non se volvan atopar, pero se non chegan a saber o un do outro o protagonista non iría ao cárcere. Por último están aquelas que, precisamente por ser tan fugaces e intranscendentes, non afectan á nosa vida. Un exemplo pode ser a rapaza que, en Gente di Roma, se senta ao lado do señor no autobús. Non lle agradan as súas palabras pero o máis probable é que cando remate o día xa non as lembrará.

 En conclusión, as relacións interpersoais constitúen un entramado moi complexo que é digno de ser estudado. As películas como as que vimos neste ciclo de cine poñen de manifesto os múltiples efectos que veñen dados pola comunicación, pola vida en sociedade.

Lage Fernández, NOelia T5A S2B

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: