O que segue a mover o mundo

Gira, il mondo gira, nello spazio senza fine, con gli amori appena nati, con gli amori già finiti, con la gioia e col dolore della gente come me… 

O amor segue a mover os destinos do xénero humano. O amor que esvaece,  que se arrefría coas ausencias, que tímidamente busca acubillo onde abeirarse e remata por atopalo nun lugar prohibido. O Sr. Chow e a Sra. Lizhen atrapados por ese idilio clandestino e namorados ata os osos. Como lle poden explicar esa situación ás súas respectivas parellas? Como se pode confesar o inconfesable? Sorprende que sinxelo pode resultar para outras persoas, unha simple chamada de teléfono e punto. Xa está feito,  a vida continúa, e sempre se abre camiño. Se cadra o traballador despedido precisase tamén un amigo decidido que lle dese a noticia á súa esposa: “Votárono do traballo e  está sumido na máis profunda angustia”, o camiño máis curto é o da sinceridade, aínda que as veces semelle “sincericidio”. A estratexia é que non hai tal, so hai verdade, e iso ninguén o pode rexeitar, e xa sabemos que doe. As veces as tácticas poden resultan patéticas, pero o que conta é o intento de establecer unha posible comunicación, un encontro, unha relación que nos permita aportar e recibir aprecio. A clave pode ser o xesto de afecto que lle prodiga un indixente ao seu colega de fatigas, a comida que con amor lle prepara a Sra. Lizhen ao veciño obxecto do seu desexo, ou esa tímida invitación dun pasaxeiro á condutora do autobus que ela rexeita sen piedade ningunha. Non importa o resultado, senón o feito de tentar establecer ese vínculo, que poderá ser fugaz ou non. Isto deberíanos contentar en si mesmo e facernos entender que a felicidade se agocha no camiño percorrido e que tarde ou cedo dará os seus froitos. A pesar da diversidade que ofrecen os universos humanos, en diferentes culturas, en diferentes escenarios, cada cal cos seus intereses particulares e coas súas realidades, resulta sorprendente observar o moito que temos en común. As veces eses itinerarios vitais trazámolos por vontade propia, outras conducidos polo fluxo social, profesional ou familiar, pero  en esencia todos conflúen inevitablemente nunha mesma busca, o que segue a mover o mundo.

Aguado Taboada, Maika T1A S1F

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: