ROMPENDO ITINERARIOS

Falar de itinerarios reglados, aqueles que organizamos polo miúdo e nos que temos marcados todos os nosos movementos controlados, faime pensar nas posibles cousas que nos levan a rompelos, porque sinceramente, por moito que teñas un itinerario reglado – sexa imposto ou non – rematas por rompelo aínda que sexa soamente cunha diferencia dun minuto. E aí é onde entra o destino. Eu creo no destino e penso que está bastante presente tanto no filme de “Following” como no de “El hombre de al lado”.

Existe algo que nos une aos demais, o destino, ese punto intermedio no que as nosas vidas se cruzan aparentemente ao azar. ¿Que chegaría a pasar se Bill non perseguise a Cobb? ¿E se Víctor non necesitara coller “raxitos” de sol e non molestara a Leonardo? Quizais cando entraran a roubar na casa deste non habería ningúen ao outro lado para salvar a filla. ¿En que momento das nosas vidas as persoas que nos atopamos polo camiño pasan a ser fundamentais? Todo o mundo pensou nalgún momento algo parecido sobre todo cando nos pasan cousas malas e queremos voltar cara atrás: se non saíra da casa non chocaría co coche, se non fóra ao banco non estaría presente no roubo e mil e unha historias máis.

Ao fin e ao cabo, aquí entra outro punto bastante importante que aparece tanto nas películas e que tamén se deixa ver nas nosas vidas. Ben coñecido é por todos o refrán de “dime con quen andas e direiche quen eres”, algo que nos di que as nosas compañías afectan nas nosas vidas máis do que nós pensamos. ¿Por que as nosas compañías son as que son?

Unha última cousa que repuntar, estou falando de como vemos aos demáis e como esa relación incide na nosa vida, pero ¿que hai de nós? Cremos que somos unha persoa pero a visión dos demás non nos describe exactamente como o fai o noso ego. Non somos o que cremos ser, somos o que os demais ven que somos. ¿Quen somos en realidade?

Salgado Rey, Cristina T7A S3E

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: