THE VISITOR: “Dios los junta” mais algún deles disxúntaos

Unha primeira mirada pódenos mostrar unha película bonita e triste á vez, mais pensando un pouco trátase de moito máis: un escenario no que se narra perfectamente a dificultade dos emigrados chegados a certas partes do mundo e as súas dificultades para comunicarse nestas novas sociedades –e non tan só por culpa deles-. Isto é a película The Visitor (Thomas McCarthy, 2007).

thevisitor

A sociedade occidental hoxe en día tende a desconfiar, cando menos de primeira man, das posíbeis relacións con xentes inmigrantes no seu territorio. Isto é todo o contrario do que acontece con Walter Vale. Este profesor universitario amósase sorprendido cando atopa a unha parella de inmigrantes no seu piso de New York mais, en troques de botalos, tenta comprender os seus problemas e axudarlles. Así é como chega a observar o xeito de vida de Tarek e Zainab, as dificultades que superan con certa alegría e tamén as dificultades impostas pola sociedade que son incapaces de superar. Cando Tarek é metido na cárcere por un acto polo que calquera cidadán americano non recibiría máis que un aviso, dámonos conta da “fobia” que determinadas sociedades e inclusive institucións estatais lle teñen a este grupo de persoas. A comunicación con eles é diferente xa non só no xeito de comunicarlles as cousas, senón na forma de miralos, de aproximarse a eles, de crerse superiores a eles. Estes pequenos detalles son os que, dende a miña opinión, acaban configurando unha sociedade xenófoba e pouco acolledora con este tipo de relación mundiais. Destaco tres puntos que me pareceron moi descriptivos destas actitudes na película:

  1. Negocio inmigrante: unha muller achégase ao posto de venda de Zainab e tenta regatearlle e preguntarlle cousas absurdas, como créndose superior pola súa condición de cidadá americana, de blanca ou de maior nivel social.
  2. Estatua da “liberdade (?)”: o profesor vai visitar a Tarek á cárcere en un ambiente de total limitación das liberdades do preso (pouco tempo de visitas, non poder pasarlles cousas, etc) aparece pintada sobre o fondo dunha das paredes da estancia a Estatua da Liberdade sobre o fondo da bandeira estadounidense.
  3. Bandeira EEUU: tras estar un tempo na cárcere, Tarek é deportado a Siria –o seu país de orixe-. Cando está no aeroporto a piques de coller o avión, pasa por debaixo dunha bandeira americana. Podemos observar aquí de novo a relación de contraste entre un país que supostamente ofrece moitas liberdades e as poucas das que goza este home que é expulsado do mesmo.

Neste contexto o profesor Walder Vale supón un contrapunto á sociedade, unha esperanza de que aínda queda xente comprensiva cos problemas deste tipo de xente. Se o recibimento é bo, será tamén mellor a actitude dos recibidos. Hai quen insulta e aldraxa aos inmigrantes, botándolles xa a priori as culpas de facer o mal, mais non dan conta que quizabes son eles os que están incitando a tales comportamentos. En Francia queren botar aos ciganos, en Italia hai quen non soporta a unha ministra africana e no estado español aínda o outro día trataban de xeito cando menos discutible a entrada de inmigrantes por Ceuta.

Necesitamos máis profesores Vale. Que toquen os bongos.

GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203

Posted on 10 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. Préstolle os que teño na miña casa. Hai que ir animándose, que pouco queda pra algúns, e moito para outros. Canto ao texto (filme) eu quería resaltar o estrano e inusual profesor desta historia. O cansazo existencial, os atrancos que ten, persoais e contextuais, que ten no seu contorno académico e o seu verquer cara unha realidade igualmente dura, pero estremadamente agarimosa. Non vexo unha trama suficientemente excesiva no tema da migración, quizabes unha liña típica do itinerario da migración, nin tan sequera épica. Vexo, xa que o comprendo, un personaxe real e o establecemento dunhas relacións basadas na estrena confianza, na amizade, que son a base para comprender o que buscan coma tolos desde o absoluto moitos (¿?) periodistas: a verdade. Tal e como a entendía, por exemplo, John Dewey, quen tirou por terra todo ese concepto murcho sobre a opinión pública do sr. W Lippman. Menudo arroás.

  2. Haaaai se realmente tódolos xornalistas buscasen a verdade!!

    GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203

  3. Un ejemplo más de los prejuicios que existen en demasiadas sociedades. El simple hecho de cómo nos comunicamos con los demás puede esconder racismo o desprecio. Si recibimos a alguien con estas actitudes por el mero hecho de ser un “extraño”, ¿Cómo vamos a pretender que su actitud hacia nosotros sea mejor? Por suerte también existe mucha gente como el profesor Vale. Hay que tratar a la gente según lo que hace, no según su procedencia.

    Rosalía Macías
    142 E04

  4. Y sin embargo -di Sabina- aínda hoxe achégasenos a nós un rapaz peruano para preguntarnos a hora e parece que sacamos o caparazón. Bongos bongos bongos

    Gómez Sal, Lucas. BCP203

  5. Tes toda a razón do mundo, Lucas. Vivimos nunha sociedade chea de estereotipos, principalmente raciais. Aínda non aprendemos a aceptar a persoas que non comparten os nosos costumes, a nosa relixión, ou simplemente os nosos gustos en canto a moda. Colgamos etiquetas segundo a nacionalidade das persoas porque si, coñecendo só o que se di de tal persoa, e non o que nós sabemos dela. Eu penso que discriminamos aos inmigrantes por medo. Dános medo o descoñecido porque cremos que é malo, e o realmente malo é pensar dese xeito. Pensamos que só é bo o que coñecemos dende sempre, o que nos dixeron que era o correcto, e non ofrecemos a oportunidade de que persoas de diferentes culturas nos ensinen outros mundos. Tendemos a ser egoístas, dicimos que os inmigrantes molestan e fan dano, pero non nos paramos a pensar en que nós mesmos, ou algún achegado, pode ser inmigrante noutro país. Nunca nos poñemos no lugar dos forasteiros, e a ninguén lle gustaría vivir nun país axeno no que nos miran mal. Queremos ser aceptados por todos, pero non aceptamos a todos.

    Guiance Piñeiro, Henar
    142 A02

    • Exacto. O futuro queira que non mais se algún día somos nós os emigrados, como nos tratarán?

      Gómez Sal, Lucas. BCP 203

      • Visto o visto…non merecemos que nos traten moi ben. Hai moitas cabeciñas que cambiar para que poidamos aceptar que nós tamén somos inmigrantes.

        GUIANCE PIÑEIRO, HENAR 142.C05

  6. ¿Quen axuda a quen? ¿É o amargado profesor Vale quen axuda á parella de inmigrantes ou son estes os que axudan ao profesor…?
    Vivimos nunha gran cidade e non nos coñecemos os uns aos outros. Nova York ten máis de oito millóns de habitantes (que se di pronto) e aínda así o profesor vive na máis absoluta soidade. Curioso, ¿non si?, cando nas aldeas todos nos coñecemos. ¿Falla a comunicación, a comunidade? Realmente unha soa persoa pode formar unha comunidade en si mesma. Véxanse os ermitaños, o alemán de Camelle. Viven en paz. Pero non é o caso do profesor Vale. Este está perdido. Camiña como sonámbulo pola súa propia vida…
    De oito millóns de persoas abonda unha soa para que che cambie a vida… Insisto, ¿quen axuda a quen en realidade?

  7. Me sigue pareciendo ridículo que existan tantas fronteras en el mundo. ¿El hecho de que yo haya nacido en un lugar implica que debo tener más derechos que otra persona que llegue a él? O, peor aún, ¿Me da acaso el derecho de tratarla como si fuese inferior? Si bien en muchos países, incluido España, el trato a los inmigrantes es despreciable, en el caso de Estados Unidos es, además, sorprendente. Uno pensaría que un país con tanta variedad cultural y étnica, sería mucho más tolerante. Y sin embargo, existe una actitud general de altivez y menosprecio. Al final va a resultar que “la tierra de las oportunidades” no lo es tanto, y que muchas personas no son capaces de ver que los inmigrantes merecen sentirse en casa aunque ésta se encuentre a miles de kilómetros, y vivir libres de esas relaciones nocivas de arrogancia y desdén que establecen con ellos los habitantes de la nueva tierra que pisan.

    PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: