aCentral Folque: unha toma de contacto

scale

Dende os albores da humanidade, a música é un elemento imprescindible en tódalas culturas. É un medio de comunicación eficaz, ademais de unha forma de ocio á que sempre se recurriu.

Tódalas culturas posúen un tipo de música característica, e como non, a galega non ía ser menos. Somos conscientes dunha música propia da nosa terra dende o medievo, onde se atopan as primeiras referencias a ela a través de cancioneiros e cantigas. Houbo épocas de auxe, así como de declive. Nestas últimas cabe destacar os Séculos Escuros, nos que a música se viu perxudicada de tal maneira que a súa única vía de transmisión era de maneira oral. A emigración, a urbanización e o franquismo tamén afectaron severamente á música popular, pero a partir de 1980 comezaron a xurdir grupos e agrupacións folclóricas, así como festivais, que forxaron o rexurdimento da música tradicional galega.

Consideramos que é  importante manter viva esta música tan nosa, polo que decidimos pornos en contacto coa Central Folque, en Santiago de Compostela, para estudar como as persoas se implican e coordinan entre elas e así facer chegar esta música á maior cantidade de xente posible,  facelas conscientes da nosa cultura e intentar inculcar o interese por ela.

 ORGE FERNÁNDEZ, MARÍA 142 A02  

Advertisements

Posted on 11 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Creo que lin nalgunha parte que hai culturas que non teñen música. Penso que eran os estudos de Bronislaw Malinowski (austrohúgaro dos de Berlanga) nos arquipélagos polinesios. Pero desde eses estudos, quizabes esas culturas morreron de tedio (son estudos dantes dos anos 40). Esta, a miña (e a de Bronislaw tamén), é unha visión claramente occidental, claro.

    • Sinceramente, paréceme moi complicado que non existan culturas que non posúan unha música propia (aínda que non podo afirmar nada, non son antropóloga). A música é algo tan primitivo e tan antigo como o propio ser humano. De feito, os arqueólogos teñen atopado instrumentos musicais de máis de trinta mil anos de antigüidade. Pero non vou ser eu quen contradiga os estudos de Bronislaw, xa que non os coñezo.

  2. Considero que a música galega está a rexurdir con éxito nestes últimos anos. Exemplo disto vémolo en grupos de mozos tales como Batemento. Gaitas, actualidade e ganas de facer ruido, moito ruido, pero dese que gosta escoitar. Por suposto que debemos protexer a nosa música, a música galega, pois sen dúbida é unha das nosas marcas de indentidade.

    Pérez Seijo, Sara 142. E04

    • Estou completamente de acordo contigo, Creo que é imprescindible que sigan xurdindo este tipo de asociacións que pulen pola nosa música, posto que forma parte da nosa identidade cultural.

  1. Pingback: Music, conecting people | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: