O xornalismo non é para o xornalista

Jay Rosen exponnos no seu escrito “Tornar a vida pública máis pública” a verdadeira razón de ser da profesión xornalística. Polo menos nestes últimos anos a prensa establece unha comunicación directa entre os cidadáns e a política, a economía ou demais elementos sociais. A responsabilidade do comunicador vólvese máis complexa e tras as súas costas atópase o mantemento de toda unha sociedade demócrata.

Jay Rosen "Tornar a vida pública máis pública"

Jay Rosen “Tornar a vida pública máis pública”

Para el, o xornalistas xunto cos eruditos han de crear un espazo común no que se trate de resolver esta cuestión. Neste espazo, aqueles coñecementos indescifrables para moitos cidadáns de a pé poderán ser descodificados e traducidos a unha linguaxe moito máis sinxela, que se poida empregar para facer valer os seus propios dereitos e para vivir en sociedade con moitos máis coñecementos. O mesmo tempo, os eruditos colmarán de coñecementos e datos os xornalistas para poder estes finalmente formar a última peza da cadea. Chámaos Rosen “cerebros de confianza” nos que depositamos os nosos ollos para que nos amosen o que está a ocorrer ao noso redor. Por su posto, e cito textualmente das letras do noso referente “Se o crítico fala em nome dos concidadãos deve falar também com estes”. A comunicación tanto dos comunicadores cos intelectuais e viceversa, como dos comunicadores cos seus receptores, ten que ser constante e moi abundante.

¿E realmente o xornalista o que serve de intermediario entre o público e os sucesos? Abrindo as páxinas dos nosos xornais podemos observar as firmas de numerosos profesionais que escriben nos medios asiduamente que non se dedican a profesión xornalística, nin moito menos cursaron os estudos de xornalismo. ¿Están menos preparados ou documentados para facer eses escritos e para comunicar aos cidadáns a información? A resposta, sempre atendendo a matices, é non. Moitos dos erros dos xornais son a escaseza de coñecementos dos profesionais que escriben as noticias. Non é posible culpar a ninguén por non posuír un altos coñecementos en todo tipo de materias. A dificultade dos asuntos xurídicos, económicos ou mesmo culturais é elevada, e en numerosas ocasións persoas que estean máis familiarizadas con esta linguaxe entenderán con maior facilidade os contidos dun documento destas características.

Non quere dicir isto que a labor do xornalista estea inxustificada e careza de calquera valor. Dende logo, a linguaxe que empregarán eses profesionais especializados sempre terá unha importante carga de tecnicismos e conceptos de difícil comprensión para os milleiros de lectores ou espectadores. Moitas veces a comunicación entre erudito e xornalista que presentaba Rosen é conveniente, deixando claras así a función de filtrado que realiza o periodista. Pero, que ocorre cando ese profesional xa coñece a linguaxe que pode empregar para establecer contacto cos cidadáns? O xornalismo é un oficio máis que unha profesión e a posta en práctica das técnicas escritas é o que verdadeiramente dá valor a un xornalista. Unha vez que se conta con esta virtude, que lle impide ao erudito traballar nun medio de comunicación?

O xornalismo cobrou un significado de valor cívico como ben contan no texto, pero do mesmo xeito abriu a porta a que moitos outros profesionais poidan cubrir os seus postos.

GARCÍA GUILLÍN, NURIA BCP. 102

Advertisements

Posted on 11 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Este texto tiña que pasar revisión de novo. Vostede sabía, eu tamén.

    • Completamete dacordo coa idea de Jay Rosen de que o fluxo comunicativo entre xornalista e erudito (ou simplemente experto nun tema) ha de ser constante. Xa non tan dacordo coa idea de que esas persoas poden romper ese fío comunicador e prescindir dunha parte da conversa, convertíndose en únicos elementos da transmisión de información ós cidadáns. A realidade é que, aínda que moitos temas poidan ser tratados con maior precisión e exactitude por parte dunha persoa especializada en certa materia, e aínda que coñeza mecanismos de comunicación adecuados para transportar datos e ideas ós lectores, unha noticia e unha análise báseanse tamén en criterios xornalísticos, que non son o mesmo que os comunicativos. Os criterios xornalísticos son os que lle dan ese valor engadido a un texto que aparece nun xornal ou nunha revista, son ese valor identificador que diferencia un texto científico-divulgativo doutro xornalístico. Xa non é un tema de instrusismo laboral ou non, senón que así como para exercer como avogado hai que coñecer o Dereito e as súas formas de actuar, para exercer o Xornalismo hai que coñecer os conceptos máis esenciais da profesión, e non só algúns que outros mecanismos de comunicación eficaces.

  2. Neira Feáns, Carolina 142 B04

  3. Interesante cando falas desa relación eruditos-xornalistas. Non poden tamén os xornalistas sen eruditos? Se pasa, é a hostia.

    Gómez Sal, Lucas. BCP 302

  4. Entendo o que dis Carolina. Aínda así, eu estudando xornalismo, tampouco é que estea adquirindo eses criterios. Son máis ben intrínsecos á materia concreta, e vanse aprendendo coa práctica, cando se sinten na propia pel. Os erutidos tenden a ser fontes, soen ser a quen recurrimos cando non nos serven as nosas propias opinións, cando queremos facer información estrictamente falando. Nós, aínda sendo moi cultos, ou mesmo especializados nun tema concreto, sempre estaremos vendo a realidade dende a perspectiva de como llo conto á xente.
    Claro que podemos ser eruditos Lucas, pero como di un amigo de ámbolos dous: controlamos un océano inmenso, pero de pouca profundidade.

    García Guillín, Nuria BCP 102

  5. Coincido con señor Rosen. Está claro que un erudito ou experto nun tema coñecerá moito máis de ese tema que o xornalista, do cal se adoita dicir que “sabe un pouco de todo”. Creo que a presencia destes eruditos nos medios de comunicación engádelle valor ás publicacións, pero tamén creo que a función do xornalista é imprescindible en tanto que debe filtrar e contrastar a información que lle proporcionan os expertos e, sobre todo, debe codificar esta información nunha linguaxe asequible para que todos os receptores desa informacióna a reciban axeitadamente.

    Saavedra Nieto, Natalia 143 A03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: